09/02/10

Manifestación, que dan fanta e bocata


Eran famosas as concentracións franquistas na Praza de Oriente, nas que ao final repartian fantas e bocata entre os famélicos participantes, foi así durante os 40 anos que o dictador estivo a fronte. Don Julio Gayoso leva 40 anos facendo caixa, ata aí a concidencia.


Ante a manifestación de Caballero moitos traballadores e traballadoras de Caixanova recibiron "chamadas" por parte do equipo directivo para que asistiran, que foran a Vigo a defender a Caixa (a defender á dirección dicimos nos, a caixa non está en perigo, están en perigo os carguiños). "Pagaremos os gastos e o picnic", dicían. Respetamos, malia que non compartimos aos que foron a manifestación libremente, non respectamos presións para asistir.

Pero é maior irresponsabilidade que altos directivos de Caixanova participasen na manifestación entre gritos de "Vigo si, Coruña no", tal que hooligans nun celta-depor. Por que ise foi o berro xeral da manifestación.

Que pensarán os clientes das oficinas da provincia da Coruña ante tal disparate?

Por certo, que diríamos si algún político irresponsable puxera en entredito publicamente a solvencia de Caixanova, cunha campaña como a que sofre Caixa Galicia na cidade de Vigo?

Que diríamos si unha manda de hooligans ao berro de "Vigo no" houbesen empapelado as oficinas de Caixanova, como empapelaron as doutros en Vigo? Entón si que deberíamos sair a manifestarnos para defender a Caixa.


A lei de Caixas trouxo vento fresco, a democratización dos órganos internos, por iso hai que encher a Porta do Sol como se enchía a Praza de Oriente, contra a democrácia e para que siga mandando o que leva 40 anos (insistimos aí remata a concidencia).

É que algúns co seu comportamento deixaron claro que para o persoal de Caixanova ir a manifestación era unha mostra de adhesión ao réximen (con fanta e bocata incluido é dicir gastos e dieta). Por iso nos non estivemos presentes: non estamos ao servizo da dirección nin apoiamos a súa saída para a empresa: desmantelar, deslocalizar e privatizar.

Pd. Ata o Caballero tivo un lapsus cando dixo que na manifestación había mais participantes que habitantes de Vigo. Contou ao persoal de Caixanova que viuse obrigado a vir dende fora?

08/02/10

Chascarrillo: O único coherente de Abel Caballero


O PSOE quere alongar a vida laboral e propuxo que a xubilación sexa aos 67 anos. Coherentemente Abel Caballero leva a teoría á práctica e quere que Julio Gayoso (xa xubilado) poda alongar a súa vida laboral continuando eternamente a fronte de Caixanova. Dixo se trata,e si para eso hai que desmantelar, deslocalizar e privatizala caixa, pois non pasa nada.

05/02/10

Galiza ten dereito


Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado poloBanco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galicia perda as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financieras privadas.

Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O
Parlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas.

O Parlamento de Galicia aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente, reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financiero propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexan efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do País.

A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galicia que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galicia ficaría sen sistema financiero propio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico.

Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:

1.- Galicia ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo
do País,
regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por tanto, preservar a Lei de Caixas de Galicia.

2.- Galicia ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que non nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade da lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou a andaluza. Por que se recurre a nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaido para defender os intereses de todas as galegas e galegos, como ordena o Estatuto de Autonomía de Galicia.

3.- Galicia ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno central tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galicia ten dereito a preservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da que xurda unha Caixa solvente como mellor garantia para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos.

Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o desenvolvimento doutros territorios.

Galicia debe defender o seu. Ten dereito.

04/02/10

Finalmente Caixanova publica o comunicado


Caixanova colgou finalmente no portal o comunicado remitido pola CIG.

A Dirección censura de novo os posicionamentos da CIG ante as súas medidas.


O texto que figura debaixo foi remitido a Caixanova para a súa publicación no portal interno, conforme aos sistema establecido pola empresa cos sindicatos. Unha vez mais a Dirección de Caixanova, amosando o seu caracter antidemocrático e antisindical, optou unilateralmente por censurar o noso comunicado . Tomaremos novamente as medidas que estimemos oportunas, para que o persoal coñeza as pretensións da empresa e en defensa do dereito a liberdade sindical.

Dicir que a empresa comezou a remitir unha carta individualizada aos afectados/as, no que hai que poñer as prefenrenzas en canto ás provincias de destino.

Impedindo que o sindicato poda chegar a eles pretenden conseguir o máximo número de adhesións "voluntarias". Nese senso recomendamos que asinedes o recibi sin entrar noutras condideracións.


02/02/10

Comeza o SIP, 200 persoas de SSCC iran a oficinas


O pasado venres a Dirección de Caixanova comunicounos que 200 persoas de SSCC serán formadas para poder pasar a rede de oficinas, din que para “reforzar temporalmente a rede comercial” dende febreiro a decembro. Da súa explicación despréndese que aplicarán a mobilidade xeográfica e funcional prevista no Convenio e que a CIG sempre rexeitou. Rexeitámola cando outros asinaron os convenios e rexeitámola cando pretenden aplicala. Din que enviaran unha comunicación individual, pero entendemos que estamos ante unha medida de carácter colectivo.

A medida afectará aos traballadores e traballadoras de SSCC de toda Galiza, pero fundamentalmente de Vigo, menores de 40 anos e con menos de 15 anos de antigüidade na empresa. Que serán formados durante ¡¡¡3 días!!! e pasaran outros 15 días na oficina. O posto será o “que lle toque”.

A mobilidade poderá superar os 25 Km, sen que especificasen a día de hoxe a figura legal pola que se rexeran estes traslados.

A empresa argumenta que se trata dunha medida temporal para reforzar a rede comercial, despois de que despediran aos temporais e de que practicamente desmantelasen as equipas volantes.

Dende a CIG moito nos tememos que esteamos ante un primeiro paso previo ao SIP, que xa anunciamos levará ao desmantelamento cando menos parcial dos SSCC de Vigo. Comezan a preparar ao persoal para que no futuro teña os coñecementos para ir á rede de oficinas.

Máis alá de que dado que estamos ante unha medida colectiva exerceremos todas aquelas opcións ao noso alcance, non podemos perder a perspectiva: a fusión galega duplica os SSCC, pero o SIP os triplica, cuadriplica ou quintuplica, dependendo do número de Caixas que os integren.

Nós defendemos a continuidade dos SSCC de Caixanova en Vigo, como lle temos transmitido tanto á Consellería como no Consello Económico Social de Vigo convocado por Abel Caballero. A CIG non contempla outra alternativa.

28/01/10

Abel Caballero recúa no Consello Económico Social

"Nos podran quitar la caja, pero no la libertad!!"

Nin apoio a manifestación contra a fusión, nin aprobación do documento que a xustifica. Finalmente o CES (Consello Económico Social) de Vigo convocado por Abel Caballero para respaldar a súa posición aprobou un pronunciamento light que aposta pola continuidade de Caixanova, malia que a entidade confirmou en diversas ocasións que non pode seguir en solitario. Abel Caballero viuse obrigado a retirar o documento que presentou por falta de apoios.

A CIG pediu o apoio para que os SSCC continuasen na cidade de Vigo, algo que non foi recollido no texto final que pide un descafeinado mantemento da "marca".