02/07/10

Comunicado conxunto CIG, CCOO e CSICA

O día 1 de xullo, as caixas fixeron unha proposta para constituír a mesa negociadora o vindeiro día 6 ás 11 da mañá; a súa proposta contempla tamén unha composición de 16 persoas pola parte sindical, tal e como tiñamos solicitado, e aceptan 4 asesores/as por sindicato, un con presenza en mesa.

Aceptamos a proposta das caixas entendendo que non é positivo continuar coa situación de incerteza externa e interna sobre todas as cuestión laborais da fusión; ademais, temos a certeza de que os cadros de persoal das dúas entidades, as 7.800 persoas que traballamos nas caixas, queren que comecemos a negociación sen máis demora. É por iso que, en exercicio da nosa responsabilidade, o vindeiro día 6 constituiremos a mesa.

1 comentário:

Un traballador preocupado disse...

Onde están os irresponsabels da UXT???.
Non pensan que é o momento da verdadeira unidade de acción???
Ou pretenden ir por libre con contos de LUNES AL SOL????

POR CERTO. OLLIÑO COS VECIÑOS, XA SABEDES QUE ACABAN POR VENDERSE BARATO.
VIXILALOS DE PRETO.