tag:blogger.com,1999:blog-64002834055477941682024-03-13T12:33:28.591+01:00CIG CaixanovaUnknownnoreply@blogger.comBlogger248125tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-87266440699228911912010-12-02T12:01:00.001+01:002010-12-02T14:03:54.906+01:00Fin e benvidos
Xa tedes a vosa disposición o espazo en internet da CIG novacaixagalicia. Un novo espazo en internet unificado para informarvos do que aconteza na nova empresa.
Pechamos así este blog que quedará como unha mostra do que vivimos os traballadores e traballadoras de Caixanova, de como foi xestionada nos últimos anos a que foi a maior entidade financeira galega e do traballo sindical desenvolvido pola CIG. Coa Caixanova desaparece este que foi o punto de encontro para moitos traballadores e traballadoras.
Ao mesmo tempo naceu un novo espazo unificado en internet para informarvos do que aconteza na nova empresa.
Dende o seis de decembro de 2007 foron 253 as novas que compartimos con vos, grazas por estar aí, a loita continua.
Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-3013985078512435942010-11-30T22:29:00.000+01:002010-11-30T22:29:10.965+01:00Rexeitamos o ERE, un paso cara a privatización
O pasado día 29 de novembro nacía a nova entidade froito da fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Media hora antes pechábase o período de consultas do ERE de extinción para 900 postos de traballo en Galiza. A CIG optou por non asistir á sinatura de constitución da nova entidade porque entende que se abre o camiño cara a súa inminente privatización, previa reconversión vía ERE.
A posta en marcha do decreto coñecido como FROB aprobado polo PSOE e PP en Madrid foi o pistolezado de saída para unha profunda reconversión do sector financeiro do estado. Denunciaba a CIG daquela que o decreto centralista condenaba ás Caixas de Aforros a un proceso de concentración, como paso previo a súa privatización. Todos os SIP en marcha son bancos que nun 60% dos casos teñen a sede en Madrid.
O pasado fin de semana José Luís Rodríguez Zapatero, despois de reunirse cos 37 grupos empresariais máis importantes do Estado destacaba dentro das reformas antisociais, a reconversión do sector financeiro, nomeadamente a reforma da LORCA (Lei estatal de Caixas) aprobada polo PSOE co apoio do PP. Na súa intervención á saída do acto Zapatero dixo textualmente: “La reforma de la Ley Orgánica de Cajas de Ahorros (Lorca) abre la puerta a estas entidades para transformar su naturaleza, convertirse en bancos, y captar capital privado".”.
A CIG defendeu durante o longo debate sobre o futuro das Caixas a fusión galega para evitar a súa desaparición baixo a premisa da “defensa do emprego, da galeguidade e do carácter social, é dicir manter a natureza xurídica das caixas en contra da privatización longamente reclamada polo FMI e a UE.
O apoio á fusión por parte da CIG produciuse logo de que o propio Alberte Núñez Feijoo asumira o compromiso público de que a entidade fusionada seguiría sendo unha Caixa.
Entrada de capital privado
Porén, os Estatutos recentemente aprobados polas Asembleas Xerais de Caixa Galicia e Caixanova coa oposición dos representantes da central sindical, contemplan a entrada de capital privado con dereitos políticos: a privatización deseñada polo PPSOE en Madrid.
Compromiso incumprido por parte de Feijoo de non utilizar medidas traumáticas
Alberte Núñez Feijoo asumiu tamén que durante a reestruturación non se aplicarían medidas traumáticas en materia de emprego, pero finalmente a saída do persoal excedente será vía Expediente de Regulación de Emprego, con prexubilacións e baixas incentivadas, co que Galiza perderá 900 postos de traballo directos, aos que habería que sumar o das empresas auxiliares.
Así mesmo, a través da Lei galega de Caixas aprobada polo Parlamento Galego en decembro de 2009, democratizábase o aceso aos órganos de goberno, unha garantía de renovación das direccións despois dos graves erros na xestión. Pero o Pacto PP-PSOE no parlamento galego blinda as actuais Direccións dunha e doutra entidade, que despois de recibir axudas públicas acordaron unha suba salarial para altos directivos.
A CIG ten denunciado tamén que mentres a nova Dirección vende participacións en empresas estratéxicas para Galiza, mesmo nalgunhas que naceron grazas a fortes investimentos públicos coma “R”, as Caixas aumentaron a participación en Sacyr, ou están financiando o metro de Madrid, mentres centos de pequenas empresas pecharon as súas portas en Galiza por falta de financiamento.
Por todo iso, a CIG non participou no acto inaugural de sinatura da escritura de constitución da nova Caixa Galega, dado que estamos ante a antesala do proceso de privatización da entidade, previo proceso de reconversión vía ERE.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-5402180783981958342010-11-26T17:46:00.006+01:002010-11-28T10:27:11.294+01:00Camareiro máis percebes...e páselle a factura ao FROB!!!
Hoxe os integrantes dos Consellos de Administración de Caixa Galicia e Caixanova, así como as persoas que forman parte do organigrama directivo, seica compartiron un xantar de confraternidade no Hostal dos Reises Católicos en Santiago. Deberon celebrar a súa continuidade, mentres 1.230 compañeiros/as terán que marchar para o paro.
Non podemos corroborar nin desmentir a presenza dos representantes dos traballadores/as en ditos órganos de goberno pertencentes a CCOO e CSICA e polo tanto si estiveron sentados ao lado dos respectivos xefes de persoal (últimamente semellan mais cómodos a carón dos Directivos que nas asembleas de traballadores/as).
Segundo os ruxe-ruxe que circula o xantar non foi pizza, nin un menú de 8 euros.
Quen pagará a factura do suculento xantar?, moito nos tememos que o FROB, é dicir os contribuintes que involuntariamente ven como unha parte dos seus impostos van destinados a sanear entidades. Mentres os directivos, que piden dende a CECA mais recortes sociais, subense os salarios e continuan cunha vida a corpo de rei.
Oido cociña!!!: Non estaría nada mal un pouco de austeridade, reducción do número de directivos e dos seus salarios, nada de saídas multimillonarias de directivos a marxe do Pacto Laboral, menos gastos suntuosos e por favor, que mentres dure a restruturación que os Consellos de Administración non se fagan en paises exóticos como ata o de agora.
Por certo o luns pinchos e un viño español coa presenza de Feijoo I "O austero".
Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-90795300240137272392010-11-26T13:40:00.000+01:002010-11-26T13:40:33.721+01:00Os Comité de Empresa de Ourense aproban solicitar máis información.
O pasado mércores o Comité de Empresa Provincial de Ourense e o Comité de Empresa de Servizos Centrais en Ourense (neste último teñen presenza CIG, UGT e CSICA), aprobaron por unanimidade dirixirse á Dirección de Caixanova para solicitar maior información da facilitada polas Caixas no proceso de consultas do Expedente de Regulación de Emprego.
Hoxe tivo lugar unha reunión do Comité de Empresa Provincial de Pontevedra, na que houbo sometida a votación a proposta, houbo un empate a 11 votos. Os representantes de CCOO e CSICA votaron en contra de solicitar maior información á empresa.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-24489022955948336162010-11-25T19:37:00.002+01:002010-11-25T19:50:04.512+01:00Comisións Control Plan de Pensións, propostas da CIG.
Tal e como anunciamos previamente no documento 25 preguntas prexubilacións tiñamos intención de solicitar unha reunión das respectivas Comisións de Control do Plan de Pensións co fin de aclarar puntos relativos ás prexubilacións. Finalmente as citadas reunións tiveron lugar onte en Caixanova e hoxe en Caixa Galicia.
Aprobouse a posibilidade de retirar os plans de pensións en caso de prexubilación, pensamos que era bo facer unha consulta vinculante á Dirección Xeral de Seguros por parte de ambas Comisións. En todo caso solicitamos entre outras medidas a eliminación do 8% de penalización previsto nas especificacións dos plans de pensións para os casos de xubilación anticipada, somos da opinión que deberían ser as Caixas as que asumiran a diferenza.
Solicitamos en Caixanova a posibilidade de pasar do subplan I para o subplan II, así como incrementar para ese último plan a achega ao 5% do salario pensionable como en Caixa Galicia
Agardamos que ambas propostas sexan tidas en consideración. Así mesmo insistimos na necesidade de consolidar complementos, tal e como se fixo en Caixa Galicia, malia que nesa empresa seguimos sen ter información do alcance real do decidido no Consello de Administración.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-47007040725502216052010-11-18T19:18:00.000+01:002010-11-18T19:18:12.625+01:0025 preguntas e respostas sobre as condicións do persoal que queda conforme ao Acordo LaboralO prometido é débeda, aquí tedes unha pequena guia coas preguntas e respostas mais habituais sobre as condicións laborais do persoal que quedaría traballando na nova entidade.
25 preguntas e respostas persoal que queda
<object height="147" id="calameo-mini-0000192795c7647c0cb1b" width="240"><param name="movie" value="http://v.calameo.com/2.0/cmini.swf?bkcode=0000192795c7647c0cb1b&langid=en&clickTo=public&clickTarget=_blank&autoFlip=0&showArrows=1&page=1"><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="wmode" value="transparent" /><embed src="http://v.calameo.com/2.0/cmini.swf" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" wmode="transparent" style="width:240px; height:147px" flashvars="bkcode=0000192795c7647c0cb1b&langid=en&clickTo=public&clickTarget=_blank&autoFlip=0&showArrows=1&page=1"></embed></object>
Publish at Calaméo or browse others.
Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-19318058624450261412010-11-18T09:57:00.003+01:002010-11-18T09:58:13.096+01:00A privatización das Caixas de Aforros
A Dirección de Caixanova, que terá o timón da nova entidade por moito que se fale de paridade, apostou claramente por un SIP durante meses.
As declaracións do incompetente Miguel Angel Fernández Ordoñez, instando as Caixas que forman parte dun SIP a constituir urxentemente un banco e traspasar toda a actividade financeira ao mesmo, demostra que os SIP son un instrumento para privatizar as Caixas tal e como dixemos durante todo o debate sobre o futuro das Caixas. O instrumento polo que apostaba Caixanova e o PSOE, nomeadamente Abel Caballero, para as Caixas Galegas era a privatización pura e dura.
Os Estatutos da nova Caixa recollen a entrada de capital privado e a súa entrada nos órganos de goberno: accionistas privados, a privatización por outra vía.
Preguntados ao respecto na reunión mantida onte din que non renuncian a emisión de cotas participativas. Para que incluiron entón a emision de cotas participativas con dereitos políticos nos Estatutos da nova Caixa?.
As Caixas de Aforros do Estado Español estan sendo reconvertidas cun duro custe laboral, mais de 30.000 postos de traballo seran destruidos a través de ERES, como paso previo para ser privatizadas. Mentres na sanidade ou correos os sindicatos estan dando a voz de alerta a toda a sociedade, nas Caixas calan, agás a CIG, Colaboran e convértense en complices. Unha mansedume inexplicable.
Hai quen nos acusa de ter ideoloxía e alaban agora o sindicalimo "independente", querendo agocharlle aos traballadores e traballadoras a raíz do problema: somos reconvertidos para ser privatizados.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-69273914961600730492010-11-16T08:42:00.003+01:002010-11-16T09:01:03.985+01:00Presentada impugnación no MInisterio de Traballo
O pasado día 11 de novembro as Caixas remitiron ao Ministerio de Traballo o inicio do período de consultas que a lexislación ordena en caso de Expedentes de Regulación de Emprego.
Onte presentamos impugnación diante da Dirección Xeral do Ministerio de Traballo, solicitando que ordene a ambas entidades retrotaerse ao inicio do proceso facilitanto á representación sindical a documentación pertinente e procedan a abrir o período de consultas explicando á respresentación sindical todo o referido ás causas do ERE e permitindo que a representación legal dos traballadores/as poda solicitar mais información ou que se aclaren as dúbidas que podan existir.
Así mesmo dirixímonos tamén á Consellería de Traballo, entendemos que malia a tramitación en Madrid, debería realizar un informe preceptivo. Tamén presentamos denuncia na Inspección de Traballo e solicitamos a mediación da mesma durante a negociación do ERE e das modificacións sustanciais das condicións de traballo.
O periodo de consultas non é un mero trámite, debemos negociar a inclusión de maiores garantías non contempladas no Acordo Laboral, tal e como está respaldando masivamente o persoal avalando de xeito masivo a recollida de sinaturas que estamos realizando dende o pasado martes.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-45376276347853540062010-11-15T12:28:00.004+01:002010-11-15T14:22:58.298+01:00Manifestacións contra a reforma das pensións Desaparición complementos salariais Medidas en marcha e asembleas
Día 18: manifestacións contra a reforma das pensións e a reforma laboral
O vindeiro 18 de novembro a CIG convocou manifestacións en todas as cidades galegas contra a reforma das pensións (que tanto preocupa hoxe nas Caixas), contra a reforma laboral, e contra os orzamentos da Xunta de Galicia (que implican duros recortes sociais).
A Coruña: Praza de Vigo, ás 20 horas.
Santiago de Compostela: Praza Roxa, ás 20 horas.
Ourense: Pavillón dos Remedios, ás 20 horas.
Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG), ás 20 horas.
Lugo: Ronda da Muralla, 58, ás 20:30 horas.
Pontevedra: Praza da Ferrería, ás 20 horas.
Vigo: Vía Norte, ás 20 horas.
A Unión Europea está implantando medidas antisociais e recortes laborais en todos os estados membros; o español, despois da maior contrarreforma laboral, prepara agora unha reforma do sistema público de pensións pola vía do alongamento da idade de xubilación e un endurecemento dos baremos para o cálculo das prestacións que levará a un recorte nas mesmas. Medidas que afectan aos prexubilables, pero tamén ao resto.
É hora de defender os dereitos sociais e laborais, participa nas manifestacións da CIG.
Desaparición complementos, posible conflito colectivo CPAR
Estamos á espera de que RRHH de Caixa Galicia nos informe sobre o alcance dos acordos do Consello de Administración que afectan a complementos salariais vixentes nesa empresa. O que algúns celebran con alborozo apuntándose o tanto, non é máis que a decisión da Dirección de que desaparezan determinados complementos salariais. Nalgún caso (no CPAR), tiñamos anunciado nas asembleas de Santiago ou Ribeira que esa era a intención da Caixa, que entendíamos que podía ser irregular e que xa estudamos un posible conflito colectivo. O acordo contempla a desaparición dos complementos funcionais e agrupación do resto.
O CPAR é un complemento de posto de traballo (non un complemento funcional), que non figura como agrupable. Defendemos pois a súa vixencia.
Medidas en marcha, denuncias, solicitude mediación e recollida de sinaturas
Temos presentado denuncia ante a Inspección de Traballo e a Consellería de Traballo, polo que consideramos irregularidades na presentación do ERE, e solicitando a mediación. É a nosa intención tratar de negociar maiores garantías para todo o persoal durante a tramitación do ERE. Se todos os sindicatos dicimos que estamos por maiores garantías, este é o momento de demostralo, negándonos a darlle o visto bo ao ERE da Dirección se non se acepta polas caixas a súa inclusión.
Como respaldo a esta posición dende o pasado martes 9 de novembro estamos recollendo sinaturas polas oficinas para solicitar que as Caixas inclúan maiores garantías non contempladas no acordo.
Asembleas traballadores e traballadoras: o 16 en Ferrol e o 23 na Coruña
Mantense a asemblea de traballadores/as convocada para o día 16 de novembro ás 17:30 horas en Ferrol no local da CIG.
A asemblea da Coruña, debido a que a Dirección convocou a reunión do ERE o mesmo día a mesma hora, cambia de data para o vindeiro día 23 de novembro ás 17:30 horas no Edificio Sindical local (Alfonso Molina s/n) na 8ª planta.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-22331624658155522892010-11-12T09:08:00.003+01:002010-11-12T09:13:05.551+01:00Converten a tramitación do ERE nun top manta
O día 11 de novembro, ambas Caixas reuniron aos representantes dos traballadores/as para iniciar o ERE, na reunión todos os delegados gardaron silencio, agás os da CIG que tamén falaron claro no exterior concentrándose na porta do local.
Todos delegados e delegadas das Seccións Sindicais da CIG en Caixa Galicia e Caixanova asistimos á reunión e previamente concentrámonos diante do local nunha sonora protesta. A concentración estivo presidida por unha pancarta co lema "Por un plan de futuro negociado para as Caixas de Aforros; en defensa do emprego, a galeguidade e o caracter social". Os participantes levaban carteis co lema "Os negocios indecentes que non o paguen os inocentes; Ere extintivo para o equipo directivo".
Presenza de antidisturbios no interior do local onde se presentou o ERE
As Direccións solicitaron a presenza de 20 antidisturbios que estiveron dentro do local no que se ía celebrar a reunión cos delegados/as. Non sabemos cal foi o motivo que levou a Dirección a pedir que os antidisturbios dentro do local é a primeira vez que negociamos baixo a presenza de persoas armadas un feito que consideramos moi grave. Non sabemos si trataban de amedrentar aos delegados e delegadas, dende logo non o conseguiron. Neste senso pediremos explicacións ao subdelegado do goberno.
Converten a reunión nun "top manta".
Na reunión, unhas persoas que nin se presentaron, algo que lle dixemos era unha falta de educación, espuxeron que daban inicio ao proceso formal do ERE, que nos puxeramos en cola para recoller un CD, asinando un documento no que dicían que nos facilitaban a documentación que corresponde legalmente (memoria do ERE, plan social, información económica, etc.). Unha vez feita a entrega pretendían levantar a reunión sen máis.
Protestamos formalmente por converter a reunión nunha cola dos delegados/as para recibir un CD (non sabemos se estaban adestrándonos para a cola do INEM).
Solicitamos que se nos fixera entrega da documentación física para poder analizala e comezar a negociación formal do ERE no mesmo acto.
Pedimos que nos aclarasen se o ERE era por causas económicas ou organizativas. Que desen as explicacións legais pertinentes.
Pedimos que se nos explicase a que empresa afectaba o ERE: Caixa Galicia, Caixanova, a ambas ou a unha empresa que aínda non existe.
A resposta con chulería e prepotencia foi que toda a documentación a tiñamos no CD, e que o que procedía era unha nova reunión para o día 17 ás 5:30 da tarde, curiosamente o mesmo día que a CIG ten convocada unha asemblea de traballadores/as na Coruña.
Entendemos que o ERE debe ser negociado e que estamos ante un cúmulo de despropósitos e irregularidades, polo que solicitaremos a mediación da Inspección de Traballo e poremos en coñecemento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Traballo as irregularidades na tramitación do mesmo.
Quixeron converter a tramitación do ERE nunha procesión dos caladiños, pero a CIG non llo vai permitir.
Unknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-85397857303436665382010-11-10T09:31:00.003+01:002010-11-10T09:50:24.940+01:0025 preguntas e respostas sobre as prexubilacións vía ERE do pacto laboral
25 preguntas e respostas sobre as prexubilacións ERE Caixas Galegas
<object id="calameo-mini-000019279c96d510207b2" width="240" height="147"><param name="movie" value="http://v.calameo.com/2.0/cmini.swf?bkcode=000019279c96d510207b2&langid=en&clickTo=public&clickTarget=_blank&autoFlip=0&showArrows=1&page=1"><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="wmode" value="transparent" /><embed src="http://v.calameo.com/2.0/cmini.swf" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" wmode="transparent" style="width:240px; height:147px" flashvars="bkcode=000019279c96d510207b2&langid=en&clickTo=public&clickTarget=_blank&autoFlip=0&showArrows=1&page=1"></embed></object>
Publish at Calaméo or browse others.
Unknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-76340999808199991622010-11-05T13:53:00.000+01:002010-11-05T13:53:53.992+01:0011 de novembro: Magosto e "castañazo" das caixas comeza o ERE
A Dirección de Caixanova convocou o vindeiro día 11 de novembro ás 10:30 horas da maña a todos os representantes do persoal na Aula de Cultura Caixa Galicia na Carreira do Conde en Santiago de Compostela.
O orde do día da reunión é o seguinte:
-Expedente Administrativo de Regulación de Emprego.
-Expedente de modificación sustancial de condicións traballo.
-Inicio do período de consultas.
-Entrega de documentación.
-Solicitude de Informe.
Pois iso que o día do magosto, a Caixa mandou o "castañazo" .
Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-3413209610554080302010-11-04T16:59:00.002+01:002010-11-04T16:59:41.449+01:00Facendo fronte ás decisións da Dirección
Malia o peche en falso da negociación, temos claro que o peor do proceso de reestruturación está por vir, e que o conflito laboral non fixo máis que comezar. Non estamos parados, nin moito menos, e a maiores das asembleas que estamos celebrando, temos en marcha medidas de presión contra as Direccións.
Requirimento da Inspección de Traballo
Con carácter previo ao inicio das negociacións, presentaramos unha denuncia ante a Inspección de Traballo relativa a falta de información sobre o impacto laboral da fusión. Recibimos agora, con meses de retraso, contestación da Inspección de Traballo indicándonos que requiriron ás Direccións de Caixa Galicia e Caixanova para que faciliten a información pertinente, lembrándolles a Inspección o deber de informar á representación sindical.
Ante esta contestación favorable da Inspección, agardamos recibir de ambas empresas información das oficinas afectadas polos peches, os departamentos de servizos centrais que tamén se verán afectados e as oficinas en venda.
Mobilizacións en Caixanova e Caixa Galicia 28 outubro, 2 e 3 novembro
O ERE das Caixas será un argumento para poder presentar ERE’s extintivos nas empresas auxiliares e de servizos.
Nestes momentos estamos deseñando un calendario común de mobilizacións con estes compañeiros/as, para facer fronte ao proceso de desmantelamento, liquidación, venda e privatización das Caixas que afecta a uns e a outros.
Así mesmo, o día 3 de novembro a CIG manifestouse en Santiago contra os orzamentos da Xunta de Galicia que contemplan recortes en servizos básicos como educación, sanidade e en todas as parcelas de servizos sociais.
Nesta mobilización estivemos presentes as Seccións Sindicais da CIG en Caixa Galicia e Caixanova, concentrándonos diante da Xunta de Galicia con pancartas contra o desmantelamento, liquidación, venda e privatización das Caixas.
Unknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-31628357545720597172010-10-28T20:10:00.001+02:002010-10-28T20:11:17.384+02:00Adianto do pagamento da RCR
Hoxe RRHH comunicou á representación sindical que tanto o pago da RCR parte fixa, como da parte variable adiantarase ao mes de novembro previa autorización por parte do Banco de España "sic".
No referido a variable xa deron instruccións aos responsables para axilizar as valoracións, evitando problemas que podan adiar o seu pago.
Pois iso, que para adiantar o pago da nómina seica piden permiso a MAFO.
Pd. é de entender polo tanto que a suba salarial do Comité da Alta Dirección foi autorizada tamén polo BdE.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-71440944026007185282010-10-22T14:58:00.001+02:002010-10-22T14:58:36.939+02:00Alternativas da CIG ante o Pacto Laboral
Hai un pacto asinado si, pero aínda queda camiño por andar. O famoso ERE debe ser tramitado oficialmente e para iso deberá ser sometido aos distintos Comités de Empresa e as distintas Seccións Sindicais. Posteriormente deberá ser aprobado pola Autoridade laboral e poderemos facer alegacións, por último sempre cabe a valoración dun recurso xudicial. Queda o segundo round. Nas eleccións sindicais que están convocadas en Caixa Galicia xogámonos moito máis do que parece: se os resultados mudan a representatividade sindical o ERE pode non ser aprobado.
Malia que as Caixas remitirán o ERE ao Ministerio de Traballo, entendemos que debería contar co informe previo da Xunta de Galicia. En todo caso e á espera da tramitación definitiva, a CIG , anticipándonos ás Direccións, puxémonos en contacto co BNG que interpuxo no Parlamento Galego varias proposición dirixidas ao Goberno Galego.
Estas proposicións están referidas ao impacto sobre o emprego, a que se garanta a voluntariedade real nas medidas ou a que exista un compromiso de que os recortes en emprego directo non sexan utilizados para subcontratar e/ou deslocalizar fóra de Galiza a carga de traballo.
Estamos preparando conxuntamente outras iniciativas, algunha delas relacionada cos desinvestimentos que inclúen a venda de oficinas. Isto non substitúe as actuacións que realizaremos como CIG cando o ERE sexa presentado oficialmente.
Pero a nosa Central sindical tamén ten anunciado que, se o Goberno continúa coa reforma das pensións e non retira a reforma laboral, algo que preocupa nomeadamente aos/ás maiores de 55 anos debido a falta de garantías nas prexubilacións, a CIG avaliará a convocatoria dunha NOVA FOLGA XERAL aínda que teñamos que facela en solitario e por suposto sen agardar a que a reforma estea aprobada. Debemos reivindicar garantías, pero o primeiro é loitar contra as reformas.
Do mesmo xeito estamos estudando, e queremos compartir convosco, a posibilidade de convocar unha manifestación de traballadores e traballadoras das Caixas que se realizaría un sábado en Santiago para que xuntos podamos facernos visibles. Hai outros sectores afectados incluso por leis xa aprobadas que están dando a batalla, como os compañeiros/as do carbón. Ese é o camiño: defender na rúa os nosos dereitos socializando o conflito. A resignación ou o medo non deberían ter cabida na linguaxe sindical.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-84363034526969455292010-10-22T08:32:00.000+02:002010-10-22T08:33:21.217+02:00A CIG avaliará a convocatoria dunha nova folga xeral se o goberno persiste na reforma das pensións e non retira a laboral
A CIG anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de mobilizacións no mes de novembro, para exixir novamente a retirada da reforma laboral, para demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións e para demandar medidas estruturais dirixidas a mudar o actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentábel. O día 3 de novembro, está convocada unha asemblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela, e o día 18 celebraranse manifestacións en todas as cidades, entre as 19:00 e as 20:00 horas.
Suso Seixo, secretario xeral, adiantou que se iniciarán contactos con CCOO e UGT para trasladarlles a disposición da CIG de continuar coas mobilizacións e mesmo convocar unha folga xeral e para coñecer a súa opinión ao respecto. Neste sentido, sinalou que a central sindical analizará, en función da resposta ás mobilizacións convocadas en novembro e dos resultados das conversas con estas organizacións sindicais esa posibilidade, porque dixo “é algo moi serio, que non se pode facer á lixeira”.
En todo caso, advertiu que “se a situación se mantén e se a reforma das pensións se leva a cabo, tal e como se prevé, en decembro, ou a principios de ano, a CIG avaliará, tendo en conta todas estas variábeis, a convocatoria dunha folga xeral mesmo de forma unilateral”.
De facer esa convocatoria en Galiza sen contar con CCOO e UGT, a CIG valoraría a posibilidade de facela coincidir con folgas xerais noutras nacións do estado.
Para Suso Seixo, o éxito da recente folga xeral demostrou que, malia o contexto no que se convocaba, mesmo cando xa estaba aprobada a reforma laboral, os traballadores e traballadoras depositaron a súa confianza nas centrais sindicais, que teñen agora que estar á altura das circunstancias e seguir dando resposta aos ataques do goberno contra a clase traballadora. “Facer outra cousa, sería xerar a frustración e traizoar esa confianza”.
Reforma laboral
O secretario xeral da CIG cuestionou a “actitude intransixente” do goberno e a súa falta de sensibilidade coas demandas sociais. Actitude que contrasta coa submisión que amosa diante das exixencias do capital financeiro canalizadas a través do FMI, do que lembrou que acaba de pedirlle ao estado español que flexibilice aínda máis o mercado laboral e un Plan B, por se fora necesario aplicar novos recortes. “Non nos sorprende este escenario, por iso cremos que fronte á imposición dun modelo económico e social como este hai que continuar coas mobilizacións”.
Seixo tamén sinalou que coa remodelación do goberno non se van mudar as políticas, afirmando que “non dependen de Valeriano Gómez –o novo Ministro de Traballo-, son políticas do goberno e do partido que o sustenta”.
Aínda así, anunciou que a CIG solicitará unha entrevista co novo Ministro, para manifestar “a oposición da central sindical ás reformas e a nosa firme disposición a seguir mobilizándonos”. Unha entrevista que entende que tería que ser o propio Ministro quen a solicitara, “para coñecer a opinión das centrais sindicais máis representativas, e a CIG é unha delas”
Reforma das pensións
Respecto da reforma das pensións, coa que se pretende atrasar a idade de xubilación e aumentar o período de cálculo denunciou que desde os diferentes medios estase a dar voz a aqueles que afirman que se trata dunha reforma inevitábel para xustificala. Como exemplo puxo as informacións nas que se recolle a opinión do Grupo dos 100 economistas, que dependen dunha Fundación controlada pola Banca e as grandes empresas multinacionais españolas.
Fronte a isto, demandou tanto aos medios de comunicación como ao propio goberno que se fagan eco tamén daqueles outros estudos independentes que demostran que está garantida a sostibilidade da caixa da Seguridade Social e, polo tanto, o sistema de pensións.
Mobilizacións en Francia
Respecto do éxito que están a ter as mobilizacións en Francia, Suso Seixo afirmou que están plenamente xustificadas e que dado o calado das reformas que xa se nos impuxeron e as que se nos pretenden impor en breve “teríamos aquí moitos máis motivos para mobilizarnos que os franceses”.
Neste sentido alertou de que o espírito que subxace en todas as reformas é precarizar máis o mercado laboral, favorecer o incremento da xornada e seguir rebaixando os salarios, algo que posibilita a reforma laboral ao permitir o descolgue dos convenios para incumprir as cláusulas de revisión salarial. Todo isto, co obxectivo último de reducir até nun 25% os salarios no ámbito do estado, para favorecer as exportacións, abaratando os prezos dos produtos, a custo dos traballadores.”
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-4820331180536659012010-10-20T08:38:00.001+02:002010-10-20T13:18:02.984+02:00Agora aparece diñeiro...e a crise non afecta as cúpulas que siguen forrándose
Despois de que as Dirección utilizasen durante a negociación do pacto laboral a dificil situación económica e os minguantes beneficios, unha vez asinado fan un novo pronóstico e prevén unha suba de beneficios do 50% despois da fusión. Un engano masivo aos traballadores e traballadoras.
Por outra banda despois de recibir inxentes axudas públicas e destruir 20.000 postos de traballo no proceso de reconversión do sector (40 das 45 Caixas estan en procesos de concentración), hoxe coñeceuse o "Informe de responsabilidade corporativa das Caixas de Aforros", no que informan que as altas direccións das Caixas cobraron 134,47 millóns de euros no 2009, aos que hai que engadir o que cobran por participar en órganos das empresas participadas. No 2007 ano no que estopou a crise financeira cobraban 136 millóns. Hai queda iso.
Unknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-41316214199920318402010-10-19T14:02:00.000+02:002010-10-19T14:03:59.303+02:00O acordo laboral (I)
A semana pasada as Caixas comunicáronnos que estaban valorando unha posible reunión da mesa negociadora, algo que semella non terá lugar. Entendemos que debería ser convocada xa que o “acordo” non foi sometido á mesma e polo tanto hai un grave defecto de forma. Agardabamos a convocatoria para ver se quedaba marxe para negociar e para dar nosa contestación.
En relación ao pacto hai que facer historia, retrotraernos aos días 27 e 28 de setembro, datas nas que se celebraron asembleas nas cidades de Vigo e Ourense, que estaban previstas tamén noutras cidades. As asembleas falaron e foron claras, había que seguir negociando para conseguir mellorar o acordo, algo que a CIG compartiu e defendía plenamente.
O día 29 de setembro, Galiza viviu unha importantísima xornada de folga xeral e o día 30 anunciouse na mesa un acordo que, tal e como alí dixemos, era incompleto, ambiguo en canto aos compromisos, e aberto a interpretacións unilaterais por parte das caixas.
Moito se está a falar do ERE, de xeito moi malintencionado, especialmente polas cúpulas directivas de ambas entidades que son as responsables. Os ERE’s, con carácter xeral, os promoven as direccións das empresas e os sindicatos combatémolos e tentamos minimizar o seu impacto. Son as direccións das Caixas as que promoven o ERE pero se parapetan na representación sindical. Logo, aínda teñen a cara de criminalizar aos sindicatos ante a folga xeral, como fixo Caixa Galicia.
A CIG non era partidaria dun ERE (pensamos que o resto dos sindicatos tampouco) pero ante as bendicións dos Goberno Central, Autonómico e do BdE, a única alternativa real era tentar minimizar o seu impacto. Así o intentamos sen éxito debido á firma precipitada do acordo. Quedaba marxe para a negociación, como demostrou que nunha acta posterior incluirán, imaxinamos que avergoñados, garantías para o persoal da obra social e Fundación.
Agora estase a crear unha cultura do medo en torno ao pacto: medo para que a xente marche e medo para que a xente non marche. Para a CIG ese non é o camiño, pensamos que temos aínda a posibilidade de conseguir maiores garantías. Que as Caixas valorasen reunir novamente a mesa é unha proba, non teñen todas consigo.
Estamos tendo problemas para poder convocar asembleas nas cidades, pero farémolo, e temos previsto convocar unha asemblea nacional de traballadores/as das Caixas para propoñervos medidas co fin de mudar as cousas, nun proceso no que podemos gañar se contamos con aliados na sociedade fronte o desmantelamento, liquidación, venda e privatización das Caixas.
Por último, transmitir ao persoal maior de 55 anos que, dende a proposta de prexubilación que realicen as Caixas, terán 90 días para contestar; neste senso, o tempo pode clarificar parte dos puntos escuros (a reforma das pensións da que todo o mundo fala, pero tamén a recentemente anunciada reforma do INEM, que pode afectar reducindo ás prestacións ou a tamén anunciada reforma da fiscalidade que pode afectar ás indemnizacións dos ERE’s). Se se dan estas reformas é de entender que CIG, CCOO e UGT opoñerémonos a elas con carácter xeral e, polo tanto, deberíamos traballar conxuntamente nas Caixas para previr as súas consecuencias.
Ao persoal que queda, dicirlle que o pacto laboral inclúe baixas incentivadas (dentro do ERE); o día 27 de setembro mantiñamos a oposición conxunta a esta medida e a nosa postura non mudou o día 30. Como tamén recolle mobilidade xeográfica sen as garantías que solicitabamos (a mobilidade forma parte do ERE e polo tanto non é voluntaria). En materia de retribucións e outras materias o texto é ambiguo e, polo tanto, aberto a interpretacións. Semella que as Caixas queren gardarse na carteira posibles recortes se as contas dentro duns meses seguen sen cadrar.
A situación é difícil e complexa, pero non todo está pechado nin perdido.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-1580812151013999822010-10-18T22:21:00.000+02:002010-10-19T17:23:53.640+02:00A CIG reitera o apoio á fusión pero rexeita o proceso de venda e privatización argallado polas cúpulas das caixas e a Xunta<object width="450" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/y7IGDQT20_E?fs=1&hl=es_ES"><param name="allowFullScreen" value="true"><param name="allowscriptaccess" value="always"><embed src="http://www.youtube.com/v/y7IGDQT20_E?fs=1&hl=es_ES" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="450" height="385"></embed></object>
Ducias de delegados e delegados da CIG concentráronse na tarde do luns 18 de outubro diante da sede da Fundación Caixa Galicia en A Coruña e do Centro Socio Cultural de Caixanova en Vigo para denunciar o desmantelamento, liquidación e privatización das caixas galegas. As protestas desenvolvéronse de xeito simultáneo en ambas cidades coincidindo coa celebración das asembleas xerais de Caixanova e Caixa Galicia, nas que a CIG reiterou o seu apoio á fusión das caixas, mais denunciou o proceso deseñado polas cúpulas das entidades para garantir a súa propia continuidade sen ter en conta os miles de empregos que se van destruír nin a precarización que supón para o conxunto dos traballadores e traballadoras o plan de integración e o acordo laboral.
A continuación reproducimos a intervención da CIG nas asembleas xerais de Caixa Galicia e Caixanova:
Oposición á cobertura de vacantes e á continuidade dos actuais conselleiros xerais
A CIG oponse a cobertura de vacantes nas actuais asembleas e á continuidade dos actuais conselleiros xerais do Consello de Administración e das actuais cúpulas directivas e dos seus equipos. Os traballadores e traballadoras de Caixanova e Caixa Galicia cumpriron fielmente coas instrucións recibidas por parte da Dirección das Caixas; se hoxe as entidades afrontan un difícil proceso de reestruturación, é debido a unha mala xestión que non é imputábel en ningún caso ao persoal das mesmas.
As cúpulas directivas de Caixa Galicia e Caixanova son as responsábeis da situación e pedimos que asuman a súa responsabilidade. Cabe lembrar que foron eles quen anunciaron a imposibilidade de seguir en solitario, debido a situación económica e, posteriormente, forzaron unha modificación legal para poder manterse nos seus postos máis alá do límite legalmente establecido.
Deste xeito, impediuse a democratización e profesionalización dos órganos de goberno e a implantación dun novo modelo de xestión que permita superar os erros que nos levaron á situación actual. Os altos cargos responsábeis da destrución de 1.200 postos de traballo directos, 900 en Galiza, continuarán nos seus postos sen asumir responsabilidades.
E hai que dicir que a saída de 1.200 compañeiros/as que, insistimos, só traballaron fielmente e máis alá do esixíbel a favor de ambas entidades, é pola porta de atrás. Cunhas condicións enganosas e sen garantías. As Direccións pretenderon presentar a estes compañeiros/as como os responsables do futuro da entidade; só coa súa saída, coa destrución de 1.200 postos de traballo, a nova Caixa poderá ser viábel e solvente cara ao futuro. Ante isto, nós dicimos que a entidade será viable e solvente se son apartados do seu cargo os malos xestores e os seus respectivos equipos.
Así mesmo, o persoal que continuará na entidade poderá verse afectado polas baixas incentivadas (despedimentos pagados) ou mobilidade xeográfica, o que pode provocar o desarraigo social e familiar de moitos compañeiros/as. As condicións pactadas encobren posibles recortes laborais ao arbitrio futuro da Dirección “se as circunstancias económicas o requiren”.
Por todo isto, a CIG non pode máis que votar NON á continuidade dos actuais órganos de goberno e por correspondencia anuncia que votaremos NON a estas medidas.
A CIG vota en contra do Deseño do Plan de Integración e dos Estatutos da nova Entidade
O Plan de Integración pon en evidencia que non estamos ante un proceso de fusión, estamos ante un auténtico proceso de desmantelamento, liquidación, venda e privatización de Caixanova e Caixa Galicia.
Desmantelamento pola vía dunha reconversión da entidade, co peche de 300 oficinas de Caixanova e Caixa Galicia (200 delas en Galiza), e unha redución drástica dos Servizos Centrais, que non responden a unha lóxica dunha fusión, non é froito das duplicidades, xa que teñen como obxectivo a destrución de 1.200 postos de traballo (900 en Galiza) para que a redución de custes permita facer fronte aos pagos ao FROB.
Venderanse tamén lotes de oficinas ao mellor postor, incluíndo á clientela e aos traballadores e traballadoras. A día de hoxe non sabemos o número dos centros de traballo afectados, pero finalmente o axuste laboral pode afectar a máis de 500 oficinas e a 1.500 postos de traballo.
A este impacto sobre o emprego, hai que sumar os empregos das empresas auxiliares e de servizos. Sen que existan garantías para o persoal afectado.
E malia o duro proceso de reconversión contemplado no Plano de Integración, a Dirección non quixo asumir o compromiso de non externalizar e deslocalizar a carga de traballo, que actualmente realizaba persoal das entidades en Galiza, para fóra do país. Este é un feito que xa se está a dar no Banco Gallego, do que o seu principal accionista é Caixanova, que está a desmantelar os Servizos Centrais que ten na Coruña mediante traslado a Madrid e exteriorización a outras empresas de varios departamentos. Galiza pagará un alto custe laboral froito da mala xestión das actuais cúpulas directivas.
E dicimos tamén liquidación, dado que o plan de integración inclúe a venda de 13.000 millóns de activos, que teñen como fin amortizar as débedas con terceiros, pero que levará a unha descapitalización da entidade coa que tratan de xustificar unha posterior entrada de capital privado e polo tanto a privatización.
A venda dos activos encargouse á norteamericana Goldman Sachs, empresa acusada de fraude pola SEC (Comisión Nacional do Mercado de Valores de EEUU). Os desinvestimentos poden afectar gravemente a empresas e sectores estratéxicos para Galiza, toda vez que se realizarán por meros criterios de rendibilidade e sen ningunha perspectiva do impacto económico, social e laboral no país.
E por último, dicimos privatización, dado que os Estatutos da nova entidade prevén a entrada de capital privado a través da emisión de cotas participativas con dereitos políticos, é dicir, a entrada de accionistas. Os propios Estatutos contemplan tamén dereitos políticos para os coto-partícipes, e terán como consecuencia a redución da presenza doutros colectivos nos órganos de goberno da entidade.
Estamos ante a entrada de accionistas na Caixa de Aforros e polo tanto a súa conversión nun banco privado. Os beneficios que ata hoxe revertían na sociedade a través da Obra Social favorecendo a inclusión social, e nos investimentos en sectores e empresas estratéxicos para o país, reverterán agora nos petos dos accionistas.
En definitiva, o que se propón non é o proceso de fusión co que a CIG se manifestou publicamente de acordo e polo que continuamos apostando. Proponse un proceso de desmantelamento da capacidade produtiva e unha posible deslocalización dos centros de traballo; unha liquidación e venda dos activos da entidade e por último, a privatización da entidade resultante. Dicimos SI a unha gran Caixa de Aforros Galega, pero dicimos NON ao que consideramos un engano sen precedentes á sociedade galega.
Non gañou Vigo, non gañou A Coruña, nin gañou Galiza; gañaron os malos xestores que se verán perpetuados no seu cargo e aqueles accionistas que poderán comprar a nova entidade a prezo de saldo.
Por todo isto, a CIG reitera que está a favor da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, pero non do deseño de toda a operación realizado polas cúpulas das Caixas e a Xunta de Galicia.
Petición do voto negativo aos representantes do Concello de Vigo
Durante a intervención na Asemblea Xeral de Caixanova, a CIG pediu formalmente aos representantes do Concello de Vigo o voto negativo aos Estatutos da Entidade, dado que “prevén a redución da presenza do Concello nos órganos de goberno da nova Caixa en favor de representantes do capital privado” e tendo en conta o anuncio realizado, no seu día, polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a respecto de que impugnaría a Lei Galega de Caixas por entender que minoraba a presenza do Concello nos órganos de goberno da entidade.
Abel Caballero ameazou con impugnar a Lei de Caixas do Parlamento Galego que democratizaba os órganos de goberno argumentando que reducía a presenza do Concello de Vigo como entidade fundadora.
Os Estatutos da nova entidade aprobados polas altas Direccións dan entrada ao capital privado coa emisión de cotas particpativas con dereitos políticos e polo tanto con dereito a representación nos órganos de goberno. Iso implica a redución á metade da representación entre outros do Concello de Vigo para dar entrada aos futuros accionistas. Caballero, o amigo de Julio Gayoso, garda silencio.
O PSOE privatiza as Caixas, Abel que sempre defendeu a privatización e deslocalización de Caixanova a través dun SIP garda silencio... Nunca defendeu a Vigo.
Unknownnoreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-14295702663514622962010-10-14T18:48:00.001+02:002010-10-14T19:08:09.200+02:00Asemblea Xeral: Mobilización e voto negativo
Ante a celebración das respectivas Asembleas Xerais de Caixa Galicia e Caixanova, a CIG ten convocado concentracións as que estades convidados todos aqueles compañeiros e compañeiras que queirades asistir.
A nosa intervención nas asembleas, denunciará a situación laboral creada polo Plan de integración e o Acordo laboral. Somos representantes dos traballadores e traballadoras e, polo tanto, temos o deber de facer oír a vosa voz.
Queremos que nos aclaren se o pacto laboral da fusión estivo condicionado polas restricións económicas, despois de que as Direccións decidiran utilizar parte dos recursos recibidos do FROB para entrar na posible ampliación de capital de Sacyr, empresa na que as Caixas teñen cerca do 9% do capital. Esta decisión foi tomada incluso coa oposición do Banco de España, segundo informou algún medio.
Non poderíamos admitir que os recortes e falta de garantías nas prexubilacións ,e os recortes e falta de garantías para o persoal que queda, tiveran como obxectivo volver a investir en empresas nas que as Direccións nunca deberían ter entrado.
Pero non podemos esquecer que se trata dos máximos órganos de goberno das entidades e que, polo tanto, a nosa intervención debe tamén entrar noutros aspectos da xestión. Ao fin e ao cabo, se estamos onde estamos é por unha mala xestión dos actuais equipos directivos.
A día de hoxe, está claro que estamos ante un desmantelamento das Caixas pola vía do peche de oficinas (300) e departamentos de Servizos Centrais, e tamén pola venda de 200 oficinas co seu persoal. En total poden ser cerca de 1.700 os postos de traballo directos afectados.
Neste apartado hai que destacar que a Dirección encargou a Goldman Sachs o proceso de desinvestimentos por valor de 13.000 millóns de euros, incluída a venda de oficinas co persoal dentro. Goldman Sachs é unha entidade de EEUU que foi sancionada pola SEC (Comisión Nacional do Mercado de Valores) por fraude á clientela.
Por outra banda, o desmantelamento barato das Caixas ten como fin a súa privatización. Nos estatutos da nova Entidade figura a emisión de cotas participativas con dereitos políticos e a entrada dos coto-partícipes, minorando a representación actual tanto no Consello de Administración como na Asemblea Xeral de outros colectivos tales como o persoal, impositores, entidades fundadoras, etc.
Malia todo, a actual cúpula directiva e os órganos de goberno de ambas entidades, veranse prorrogados no seu mandato sen asumir responsabilidades pola mala xestión coa que hoxe xustifican o desmantelamento parcial da Caixa e a saída de centos de compañeiros e compañeiras sen ningún tipo de garantías.
Por todo isto, votaremos NON nos apartados correspondentes, a CIG non é cómplice da mala xestión, nin vai ser cómplice do desmantelamento, venda e privatización de Caixa Galicia e Caixanova.
O 4 de decembro a CIG manifestouse polas rúas de Santiago en defensa do emprego, da galeguidade e do carácter social das Caixas. Polo mesmo motivo concentrarémonos antes as Asembleas Xerais e votaremos NON.
Ás 17:30 horas o luns 18 de outubro.
Asemblea Xeral Caixa Galicia: Fundación Caixa Galicia, Cantón Grande-A Coruña
Asemblea Xeral Caixanova: Centro Social Caixanova, Policarpo Sánz-Vigo.
Unknownnoreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-10656795249309836442010-10-13T16:24:00.000+02:002010-10-13T19:47:13.167+02:00As Caixas poderían ter encargado os desinvestimentos a unha empresa acusada de fraude
Segundo informa o portal Cotizalia, Caixa Galicia e Caixanova terían encargado os desinvestimentos previstos no Plan de Integración, incluida a venda de 200 oficinas co persoal, á empresa Goldman Sachs.
Dase a circunstancia de que a empresa matriz estadounidense de Goldman Sachs foi acusada de fraude pola comisión nacional do mercado de valores dese país. Posteriormente a empresa admitiu o fraude chegando a un acordo monetario para evitar a súa condena. Insistimos, en boa man estache o pandeiro.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-86312832186993960582010-10-08T12:18:00.001+02:002010-10-08T12:18:43.128+02:00Publicado o comunicado
Finalmente saiu publicado o comunicado, non foi censurado, foi retido...
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-17168821037308952432010-10-08T08:56:00.000+02:002010-10-08T09:06:44.013+02:00O Acordo non está en vigor e xa ameazan con traslados
Temos unha denuncia de varios compañeiros sobre as ameazas que estan vertindo determinados directivos nos comites comerciais das oficinas de Vigo seguindo, segundo din, instruccións do Zona. Nas reunións se ameaza ao persoal para que venda seguros ou seran "trasladados a 100 kilómetros que ahora podemos".
O Acordo Laboral ainda non está en vigor, habería que dicilrle a estes espabilados. Pero desgraciadamente o acordo non recolleu as garantías solicitadas pola CIG para evitar que a mobilidade xeográfica poidera ser utilizada como unha arma por parte de calquera desalmado, como tampouco hai garantías coas baixas incentivadas (despedimentos pagados).
Que ninguén se confunda por moito que teñan un pacto non permitiremos este tipo de condutas e ameazas. Si é así daremos cumprida resposta.
Unknownnoreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-6400283405547794168.post-63830770278041664352010-10-07T19:17:00.000+02:002010-10-07T19:20:09.764+02:00Caixanova censura o comunicado da CIG
O comunicado anterior foi censurado pola Dirección de Caixanova e non foi repartido. Unha vez mais a Dirección da Caixa actua de xeito antisindical impedindo que os traballadores e traballadoras teñan aceso a información remitida pola CIG.
Comunicados doutros sindicatos referidos a esta cuestión foron repartidos sen problemas, cousas veras.
Como en anteriores ocasións presentaremos denuncia na Inspección de Traballo, repartiremos o comunicado en man e pegarémolo no exterior das oficinas para coñecemento do persoal e tamén da clientela.
Unknownnoreply@blogger.com4