28/04/10

Caixanova censura os comunicados sobre o amianto


Nunha fuxida cara adiante a Dirección de Caixanova censurou os dous comunicados emitidos pola CIG informando ao persoal sobre a presenza de amianto na central de García Barbon. Unha demostración do seu caracter profundamente antisindical, propio de tempos pasados, con cheiro a vello, a rancio, a caduco.


Caixanova negase a facilitar o uso sindical do correo electrónico conforme ao establecido no Convenio Colectivo, no seu lugar puxo en marcha a opción de colgar comunicados na intranet da empresa a disposición do persoal.

A Dirección negouse unha vez mais a "colgar" na intranet os comunicados da CIG, desta volta os relacionados co amianto alegando que non está de acordo co que poñemos nos mesmos. Unha censura pola que xa foi advertida pola Inspección de Traballo en casos anteriores.

Ao persoal do edificio foronlle repartidos en man polos nosos delegados/as, que estas horas seguen atendendo consultas de traballadores e traballadoras preocupados.Pero o resto do persoal, incluido o que por cuestións de traballo ten que desprazarse a OP de xeito habitual, descoñecen o ocurrido.

Ante esta situación de censura, tratando de impedir un traballo sindical que só pretende informar a todo o cadro de persoal do sucedido na OP, tomaremos todas as medidas sindicais que estimemos oportunas.

Sem comentários: