Respectábamos pero non compartimos a posición da UGT e CGT, pero non é de recibo que a UGT diga que outros sindicatos rachamos a unidade de acción e ante esta acusación non imos quedar calados.
Todos os sindicatos asinamos un acordo para a composición dunha mesa de 16 e así se conformou. Outra cuestión é o número de "liberados" cos que contaremos os sindicatos para poder apoiarnos durante o difícil proceso de negociación.
A diferenza real é que UGT considera que debemos contar cun liberado mais por sindicato. Para a CIG contar cun liberado mais non é motivo suficiente para deixar de participar na mesa da fusión, para que non se constitua, ou para falar de impugnala.
Porque UGT asinou un acordo para constituir unha mesa de 16 e agora vai contra os seus propios actos?, eles saberan. A representatividade de cada sindicato na mesa xa estaba plasmada no citado acordo que eles tamén asinaron e non mudou. Tratar de enfrontar aos dous cadros de persoal con posicións localistas só beneficia ás Direccións.
En todo caso quen fixo unha plataforma en solitario e a espallou entre o persoal non ten nada que dicirnos sobre a unidade de acción.
Plataforma feita a base dun corta e pega doutras fusións e que ao non centrarse na realidade das caixas galegas elimina dereitos actuais do persoal. Tamén inclue peticións que en boa lóxica corresponden á parte empresarial (como poder aplicar baixas indemnizadas é dicir despedimentos pagados) e que en principio o resto rexeitamos onte.
A CIG asume e se responsabiliza dos seus actos. Agardamos que outros fagan o mesmo no canto de procurar un protagonismo esteril.
Sem comentários:
Enviar um comentário