16/07/10

Proposta de prexubilacións ligada ao ERE, cutre e discriminatoria


Caixanova e Caixa Galicia propuxeron un sistema de prexubiliacións ligado a un ERE, unha proposta que ademais de cutre e extemporánea é discriminatoria para o persoal de Caixanova fronte ao de Caixa Galicia, pero vaiamos por partes.

En primeiro termo queremos analizar o custe que ten para as Caixas esta proposta, calculando sobre o persoal de 55 anos, o mais caro de prexubilar . Tomamos como referencia a porcentaxe do 70%, que como despois explicaremos é a que se tería que acoller o persoal de Caixanova.

Porcentaxe salario 70% as Caixas gañan diñeiro a costa da prexubilación.

A Caixa aforra dos 55 aos 63 aforra un 30% do salario cada ano x 8 anos =240%, é dicir aforra o equivalente a 2,4 anualidades.

Aforra tamén 2 anualidades completas do 63 aos 65. (Ao traballador/a xubilado págalle a Seguridade Social e o Plan de Pensións).

Aforraría tamén durante 2 anos os importes da prestación de desemprego. (Vai dos 1.087,20 euros mensuais aos 1.397,84 dependendo do número de fillos/as).

Ata os 65 anos a caixa pagaría:

Complementaría o paro durante 2 anos. Durante outros 6 anos pagaría o 70% do salario (420% do salario o que equivale a 4,2 anualidades), cando tería un aforro equivalente a 4,4 anualidades (as que habería que sumar o aforro que supón o importe da prestación de desemprego). Con esta proposta as Caixas gañan diñeiro e iso que está calculada para o persoal mais caro de prexubilar!!.


Oferta discriminatoria para o persoal de Caixanova.


Esta oferta que foi presentada polo asesor de Caixa Galicia, Martín Godino, é claramente discriminatorio para o persoal de Caixanova.

En Caixanova o persoal anterior ao XIV Convenio do 1986 ten un Plan de Prestación Definida. Con carácter xeral as maiores achegas realízanse durante os últimos anos da vida laboral. Calquera modificación da estrutura salarial ten repercusión na Prestación Definida (ascenso, cumprimento dun trienio, redución do salario por prexubilación, etc). Acollerse a unha porcentaxe de salario maior renunciando a achega ao plan de pensións podería ter unha grave repercusión en moitos casos. Este persoal debería xubilarse con carácter xeral aceptando a % salarial mais baixa co fin de manter a achega ao plan de pensións.

Por outra parte renunciase a unha achega do 5% (a que ten pactada a maior parte do persoal de Caixa Galicia independentemente da data de entrada). En Caixanova o persoal posterior ao 86 ten unha achega do 4%, quere dicir que renunciaría coa prexubilación a mais % do que a Caixa achega por el ao plan.

Agardamos que nas vindeiras reunións as caixas modifiquen as súas ofertas e que sexan maduradas para evitar discriminar a un ou outro colectivo.

2 comentários:

E que son durito de sesera... disse...

Estaría ben poñer un exemplo real con cifras para un mellor entendemento. Escoller un salario medio (50.000 como dicen as patronais)e extrapolalo ó ERE por partidas

O desactivador disse...

Sen dúbida vanse acoller tódolos directivos as condicións de prexubilación que presentan. Carallo si aforrabamos cartos, nin recurriríamos ao FROP.O de que a seguinte vez íbamos levar dinamita será certo, xa temos as mechas.