06/09/10

A nova Caixa terá o nome oficial en castrapo


Segundo todos os medios de comunicación a denominación oficial da nova entidade (que non o nome comercial) será "Caixa de Ahorros de Galicia, Vigo, Ourense y Pontevedra", en castrapo misturando español e galego a partes iguais.

Así mesmo a denominación aprobada semella deixar fora de Galicia a metade do país, concretamente a cidade de Vigo e as provincias de Ourense e Pontevedra, como si Galicia fose unha denominación do norde sen valor para o sur do país. Outro efecto da famosa "paridade" que está sendo levada ata o esperpento .

2 comentários:

Anónimo disse...

No es paridá es una parída!!!

Anónimo disse...

Hai unha incorrección: Xornal de Galicia non puxo o nome en castrapo e o nome oficial que se enviou á CNMV é "Caixa de Aforros". UN saúdo