09/09/10

Unificamos plataforma sindical


CCOO, CSICA e CIG, unificamos os últimos flecos da plataforma negociadora, co detalle dos aspectos e garantías que ata o día de hoxe non se falaron na Mesa de Laboral e que consideramos que deben estar.

Con esta terceira entrega, as dúas anteriores (20 de xuño e 2 de setembro), xa publicadas, CCOO-CSICA-CIG, fixemos un esforzo unificando criterios e peticións co ánimo de chegar a un acordo satisfactorio e no menor tempo posible.

Agora son as Empresas as que teñen que moverse e, na vindeira reunión do xoves día 16, teñen que concretar movementos.

No documento metemos medidas en materia de Peches de oficinas e reordenación de Servizos Centrais, Garantías, Trasladados/as, Vacacións, Axuda por casamento e natalidade + cesta de Nadal, Axuda gardería, Seguro médico, Dietas e desprazamentos, Quebranto de moeda, Reordenación de Servizos Centrais, Reordenación de División de Sistemas, Esforzo e dedicación pola Integración,Faltas e sancións, Revisións médicas, Servizo de Prevención, Riscos psicosociais, Atraco, Contratos temporaise e por último un paquete de medidas para minimizar o impacto laboral da fusión nomeadamente en Galiza.

2 comentários:

O prexubilado disse...

Nin tartarugas nin ostias, xa tiñamos que esixir a presenza de quen teña poder decisorio e deixarse de intermediarios. ¿Onde están os que sempre chamaban ós empregados CAMPEONS, SODES OS MELLORES,...? Agora queren mandar aos posibles prexubilados con catro duros para casa mentras eles siguen inflando os seus bolsillos de cartos. Vergoña deberían de ter. Consello: ENCERRADEVOS COS REPRESENTANTES DA EMPRESA E NON SALGADES DO LUGAR ATA QUE NON DE A CARA QUEN TEN QUE DALA.

Anónimo disse...

Di o Gayoso que aquí non se fai nada a empuxóns nin pola forza, falará da fusión?.

Si el saiu sacou á rúa a xente (utilizando a Caballero) para garantir o seu "posto de traballo" nos teremos dereito a facer o mesmo pero sen intermediarios, non?.

Si estan por un pacto que o demostren o 16 na mesa.