Os traballadores e traballadoras de Caixanova en Ourense elixiron nas eleccións sindicais unha representación plural e sen maiorías absolutas para o Comité de Empresa Provincial e para o Comité de Empresa de Servizos Centrais.
No Comité Provincial de Ourense CIG e UGT empatamos a 5 delegados fronte aos 3 de CSICA.
No Comité de SSCC de Ourense a CIG obtivo 1 delegado mentres UGT e CSICA empataron con 2 delegados.
Unha vez coñecidos os resultados, conscientes de que non había maiorías absolutas e que era preciso chegar a un pacto, a Sección Sindical da CIG tomou a iniciativa e propuxémoslle a UGT un acordo para a constitución dos Comités de Empresa. Un pacto no que respectabamos a este sindicato como lista mais votada.
Estes compañeiros responderon dicindo que querían toda a representación, a Presidencia e Secretaria dos dous Comités, esquecendo que o persoal non lle deu maioría absoluta.
Temos que dicir que recibimos outra oferta para a constitución dos Comités en Caixanova que rexeitamos de plano.
Así chegamos a situación actual, os Comités de Empresa de Ourense foron constituídos e en ambos casos quedaron vacantes os postos de Presidente e Secretario, sen que se elixiran tampouco os delegados de Prevención.
Non é unha situación habitual que un Comité de Empresa se constitúa nestas condicións, en todo caso quede claro que dende a CIG ofrecemos un acordo leal para a constitucións dos Comités de Empresa, pero xa se sabe, a prepotencia é mala conselleira.
Ourense, 25 de xaneiro de 2008
4 comentários:
Despois dira a UGT que houbo un pacto CIG - CSICA para que non se constituira o Comité.
Siguen coa súa prepotencia de sempre hai cousas que non cambian cos anos.
Janeiro? El de Rio?
O blog non da opción de galego (ainda que si de catalan), que lle queres está en portugues.
¿De verdade pensades que o importante disto é a "J" ou "X", amigos filólogos? O importante son as repercusions que pode ter, que como sempre será perxudicial para todos os traballadores, e para vos os dous incluidos.
Enviar um comentário