01/02/08

Novo atraco a Caixanova, na oficina de Pizarro

Hoxe a oficina da rúa Pizarro en Vigo foi atracada, os traballadores e traballadoras da oficina non sufriron ningun dano físico. Cando coñecemos que a oficina fora atracada un representante da CIG presentouse na mesma para coñecer os feitos e dar apoio sindical ao persoal.

Estamos ante un novo atraco que engadir a unha longa lista, sen ir mais lonxe o mes de decembro foi atracada unha oficina na provincia de Ourense.

O atraco é un risco laboral recoñecido pola administración pública galega e polos tribunais españois, pero Caixanova non o recoñece e a traves da patronal do sector ten recurrido as sentenzas. Para Caixanova os atracos son un problema de seguridade, só se preocupa da custodia do diñeiro, a integridade física e psiquica dos clientes e do persoal non importa.

Ata cando estaremos sometidos os traballadores e traballadoras de Caixanova ao risco dos atracos por falta de medidas de seguridade? Paga a pena aforrar en seguridade expoñendo ao persoal a un risco evidente?.
Para a CIG é preciso incluir os atracos nas avaliacións de riscos; incrementar as medidas de seguridade tendentes a garantir a integridade do persoal e dos clientes; poñer en marcha un protocolo de apoio as vítimas de atraco, con especial atención aos aspectos psicolóxicos; facilitar asistencia xurídica dende o primeiro día ao persoal afectado nun atraco ante calquera comparecencia policial ou xudicial. En definitiva, todo o que a Dirección de Caixanova non fai.

1 comentário:

Anónimo disse...

Non é de extrañar, chegará o día que se teña que lamentar unha desgraza, pero para RR.HH. os traballadores son o de menos, tanto rollo cos cursos de prevención de riscos laborais que un chega a pensar que os dan por ser obligatorios e do resto na de na, iso sí, mentras eles a impartir cursos nin mais nin menos que na TOXA, ¡¡si se recortaran gastos en outras cousas!! Pouco menos que xogan cas vidas dos empregados.