Onte foi atracada a oficina de Chapela no concello de Redondela, non houbo ningun compañeiro ferido fisicamente pero unha vez mais unha oficina de Caixanova é escenario dun atraco. A media situase nun atraco ao mes, a mais alta do sector financeiro en Galiza.
Dous atracadores armados cunha pistola e un coitelo atracaron onte a oficina de Caixanova en Chapela, un terceiro complice agardaba fora da sucursal, unha escea que se repite demasiado a miudo en Caixanova.
Ante este novo atraco reiteramos o denunciado nos anteriores: estamos ante un grave risco laboral que debe ser abordado a maior brevidade posible apostando pola prevención e a proteción ao persoal vítima destas acións violentas. Un 80% do persoal que sofre un atraco ten secuelas psicolóxicas, que nun 20% poden evolucionar a graves.
Este é o terceiro atraco no que vai de ano, malia que poderían ser mais xa que a empresa non informa dos mesmos ao non consideralos un risco laboral. Dende o mes de decembro, no que foi atracada o día 29 unha oficina no polígono industrial de San Cibrao en Ourense, a media é dun atraco ao mes.
Podes ver aquí a nova na prensa do último atraco.
1 comentário:
¡Que o comité de riscos laborais comenze a tomarse isto como algo prioritario! ¡É A VIDA DOS TRABALLADORES A QUE ESTÁ EN XOGO¡ Preguntádelle a quen tivo unha pistola na cabeza o a quen recibiu algún culatazo, isto é como o territorio comanche, éntrannos ata con machadas. ¡Os únicos detectores de metais son as testas dos traballadores!
Enviar um comentário