Cunha concentración na oficina de Caixanova en Sarria a CIG ven de iniciar un proceso de mobilizacións en demanda da readmisión dun traballador despedido nese centro de traballo, un compañeiro que foi candidato da CIG nas últimas eleccións sindicais.
Caixanova está despedindo a persoal fixo recoñecendo os despedimentos como improcedentes (é decir sen xustificación legal) optando por indemnizar economicamente, o que en grande medida dificulta a resposta sindical. Dende a CIG denuncian que si os despedimento se converten nunha simple cuestión económica, en Bancos e Caixas haberá despedimento libre de facto.
Ante esta situación ao pasado día 25 de marzo, dende as 10 da maña, sindicalistas da CIG percorreron as rúas de Sarria repartindo centos de comunicados aos viandantes e no interior dos diferentes negocios, dando conta da concentración convocada ás 12 da maña para protestar polos despedimentos inxustos en Caixanova e solicitando a readmisión do compañeiro da oficina de Sarria, o último despedido.
As 12 da maña comezaba a concentración convocada pola CIG, aos pouco veciños e veciñas de Sarria achegábanse primeiro con curiosidade, para posteriormente moitos deles sumarse a concentración.
Durante a mesma escoitaronse diversos berros en contra da política laboral de Caixanova e denunciando a política retributiva da cúpula directiva da entidade, pero sen dúbida foi o berro “Fernando readmisión” o mais coreado tanto polos sindicalistas como polos veciños, a este berro sumáronse os numerosos curiosos que ateigaban a rúa rompendo en aplausos en mais dunha ocasión.
Aproximadamente as 12:30 da maña as persoas concentradas cortaron o tráfico durante uns minutos para disolverse entre novos berros de apoio ao compañeiro despedido.
Con esta mobilización a CIG quixo tamén deixar claro ante os veciños de Sarria que Fernando é un traballador honrado despedido inxustamente pola dirección de Caixanova.
Maña día 26 de marzo está previsto o acto de conciliación no SMAC en Lugo, tendo anunciado a CIG novas mobilizacións en apoio a este traballador de Caixanova inxustamente despedido.
Sem comentários:
Enviar um comentário