Hoxe os medios de comunicación informaron sobre un novo atraco a man armada dunha oficina de Caixanova, desta volta no bairro vigues de Teis. Aparentemente ningun dos compañeiros da oficina resultou ferido durante o atraco. Este é o segundo atraco no que vai de ano a unha oficina de Caixanova na cidade olívica
Lembrar novamente que Caixanova négase a recoñecer o atraco como risco laboral malia que existen sentenzas neste senso e a que a administración pública galega ten feito anteriormente un recoñecemento neste senso.
A día de hoxe a única medida laboral vinculada aos atracos, foi aprobada unilateralmente e consiste no pago dun seguro por parte da empresa. De maiores medidas de seguridade, como sería lóxico, non sabemos nada.
O atraco nos medios de comunicación.
Sem comentários:
Enviar um comentário