23/05/08

O modelo Ikea chega a Caixanova

A Dirección presentou na Comisión de Seguridade e Saúde a "Oficina Modular", un novo modelo de oficina a implantar nos vindeiros anos.

As oficinas terán un area de atención electrónica e un servizo de axuda ao cliente, co fin de derivar operatoria que sexa sucebtible de ser realizada en actualizadores e caixeiros automáticos. Semella que Caixanova quere copiar o modelo "Ikea", que os clientes se atendan a si mesmos, deste xeito a maior parte dos actuais administrativos/as nos dedicariamos a labor comercial.

Neste senso este novo modelo de oficina conserva un pequeno mostrador para o departamento de Caixa e o resto son mesas dedicadas a xestión comercial.

Tratase de que os clientes ante as colas que se acumularan coa redución das ventanillas opten por ir a area de atención automática, o malo será si optan por irse a outra Entidade.
En todo caso na reunión dende a CIG insistimos nas seguintes cuestións:

-Entendemos que houbera sido positivo contar coa participación dos delegados e delegadas de prevención durante a fase de desenvolvemento da Oficina Modular.

-Solicitamos que se teña en conta a carga de traballo no deseño das oficinas. Por exemplo non é correcto reducir ventanillas nas oficinas cun gran número de operacións por Caixa, en tanto o cliente non esté habituado a usar as canles alternativas.

-Amosamos unha vez mais a nosa preocupación pola falta de medidas de seguridade adicionais fronte aos atracos. Caixanova é a Entidade con maior número de atracos en Galiza polo que debería ser reforzada esta area, cunha media de 1 ao mes. Dende a empresa destacouse que cumpren rigorosamente coa Lei de Seguridade Privada, pero está é unha lei pensada dende a óptica de proteccións dos bens (do diñeiro), non das persoas.

En definitiva estamos ante un novo modelo de oficina dende o punto de vista do deseño que agocha un profundo cambio organizativo: eliminar ao máximo o traballo administrativo primando o traballo comercial.

Sem comentários: