Este comunicado sobre a reforma da central, foi repartido o luns pola maña na empresa, horas antes do falecemento dun traballor nas reformas desa oficina.
Na pasada xuntanza extraordinaria do Comité de Seguridade e Saúde do pasado xoves día 11 dos correntes cun único punto do día: “INFORMACIÓN SOBRE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DA SEDE CENTRAL E O.P. DE VIGO”, e despois da celebración da mesma, vos informamos do acontecido: ¡SEGUIMOS SEN COÑECER NIN A PORTADA DO PROXECTO! Ninguén da empresa aclarou os motivos polos que non se facilita a información requirida, nin a que ven tanto ocultismo si todo está estudado e legalizado.
A postura da Dirección segue sen mudar e lembra as peores prácticas nas relacións laborais que se plasman na negativa de facilitarnos dita información. Co sinxelo que sería dicir: ¡Señores, aquí teñen toda a información, consideramos que os estudios pertinentes en materia de seguridade e saúde laboral son os adecuados e quedamos a súa disposición para aclararlles calquera dubida! PUNTO E FINAL. Consideramos que a Dirección debería estar a altura das circunstancias e por riba de caprichos persoais que non veñen a conto.
Como ven sabedes, a información é un dos dereitos dos traballadores en materia preventiva recoñecida no artigo 14 de la LPRL y desenrolada no artigo 18.1 da mesma. Tamén está contemplada no RD 1627/97 “Avaliación e prevención de riscos relativos as obras de construción” , onde o artigo 15 fala da obriga de dala antes do inicio das obras.
Dende a CIG queremos poñer no voso coñecemento, que a nos, só nos ocupa, en materia preventiva, a saúde e seguridade de todos no traballo. Os delegados de prevención temos o dereito, por Lei, repetimos, por Lei, de coñecer toda información referente a prevención que afecte aos traballadores e a obriga de facer que se cumpran os requisitos en materia de seguridade.
Só recordar as palabras do noso Director Xeral na presentación do proxecto RANDE o día 17 de Decembro do 2007 pero trasladado a esta obra de rehabilitación:
“Que este tamén sexa un proxecto común onde o importante sexan as persoas”.
Sem comentários:
Enviar um comentário