12/02/09

Atraco na oficina de Bembrive, en Vigo


Hoxe pola maña foi atracada a oficina de Bembrive, en Vigo, despois de que os atracadores agardase na rúa ao compañeiro que abriu a sucursal.

Non temos mais información ata o momento, polo que non sabemos cal é o estado das persoas afectadas por este novo atraco, pero actualizaremos esta nova cando teñamos mais noticias.

Lembrar que o atraco no sector financeiro é un risco laboral recoñecido pola administración galega e polo Tribunal Supremo. Neste senso en atracos anteriores detectamos indicencias nas medidas de seguridade, polo que faremos unha investigación dende o punto de vista da saúde laboral, por si houbera algun tipo de responsabilidade da Caixanova.

Ante a vaga de atracos a CIG prepara unha campaña interna e externa, tanto para concienciar ao persoal da necesidade de extremar as medidas de seguridade ao máximo, como para denunciar á Dirección da Caixa que non negocia un protocolo para os casos de atraco co fin de dar maior protección ao persoal ante este tipo de actos violentos.

Sem comentários: