O 10 de xullo a empresa comunicounos oficialmente que entramos nunha nova fase de subcontratación da área de informática, novamente a través dunha empresa do grupo IBM, que desta volta se instalará na cidade de Ourense, INSA-IBM.
Dende un punto de vista laboral inicialmente a apertura do CENIT afectará a 70 persoas xa subcontratadas a través doutras empresas. Persoas con anos de servizo no Centro de Informática en Vigo e que ao noso entender é de dereito que formen parte do cadro de persoal da empresa matriz, Caixanova.
Non sabemos cales son as persoas afectadas; si haberá despedimentos; cantas serán recolocadas en Ourense; así mesmo tampouco sabemos si aquelas que deban trasladarse a Ourense recibiran algún tipo de compensación e si se respectaran as súas condicións laborais actuais;. Neste senso temos trasladado á Dirección unha solicitude para clarificar estes puntos.
Por outra parte este centro de INSA-IBM chegará a medio prazo ata as 400 persoas contratadas, polo que todo indica que entramos na terceira e definitiva fase para a desaparición do Centro de Informática da cidade de Vigo. Por moito que a empresa o negue.
Inicialmente subcontrataron tarefas dentro do propio CI de Vigo, posteriormente con IBM en Madrid e agora a través de INSA-IBM. Ata o de agora a calidade dos servizos informáticos, unha area estratéxica para o bo funcionamento da empresa, foi empeorando conforme se daban pasos na externalización, incrementando por outra banda o seu custe como recoñeceu o Director Xeral.
En definitiva ao noso entender precarizaran aínda mais o emprego e a calidade do servizo informático que recibimos nas oficinas, servizos centrais e polo tanto a clientela pode verse afectado. Polo que anunciamos a nosa oposición a esta subcontratación.
Pd. Señores da Dirección: O futuro das empresas pasa por un maior investimento en I+D+I, que permita incrementar a produtividade, non por reducir gastos nesta área. Non é por poñer “pegas”, pero quen anda cun sacho ao lombo non pode competir con quen ten un tractor.
Sem comentários:
Enviar um comentário