Ante a proposta realizada pola empresa en materia de carreira profesional, entendemos que calquera proposta en materia de retribucións ou carreira profesional debe analizarse tamén dende a óptica da igualdade, polo que temos realizado unha contraproposta despois da analizar a situación da muller na empresa.
A carreira profesional establecida no Convenio Colectivo regula o ascenso por antigüidade ata o nivel VIII. O ascenso ata os niveis VI e VII ben dada de xeito xeral pola antiga carreira profesional para o persoal anterior ao ano 1982 ou polo nomeamento da empresa para postos de responsabilidade. A representación da muller nos niveis VI e VII é moi inferior á dos homes.
Pola contra a carreira profesional do Convenio afecta nomeadamente ás mulleres, asi mesmo en Caixanova no nivel VIII a porcentaxe de homes e mulleres é practicamente paritaria, incrementándose as diferenzas nos niveis VI e VII. Noutras empresas do sector o ascenso por antigüidade chega ao nivel VI, unha medida que de adoptarse en Caixanova sería positiva no camiño da igualdade.
A empresa ten en marcha o proceso denominado “Fidelización”, polo que voluntariamente o persoal administrativo (un colectivo moi feminizado) realiza funcións comerciais. Neste senso entendemos que sería moi positivo ligar a carreira profesional a este proxecto co fin de incentivar ao persoal.
A nosa proposta sería acurtar a carreira profesional, por cada 3 anos de cumprimentos de obxectivos o persoal acurtaría 1 ano a transición entre niveis.
Por último Caixanova recorre a contratación a través de empresas de posta a disposición e dado que para o calculo do salario deste persoal se utiliza o salario do nivel XIII (un 20% mais baixo que o anterior auxiliar de entrada), sería positivo eliminar o nivel XIII contratando directamente con nivel XII.

Sem comentários:
Enviar um comentário