En relación ás oposicións de ascenso é preciso informar que o vindeiro 22 de outubro terá lugar a vista por un conflito colectivo contra o artigo do Convenio que regula as oposicións, por entender que é discriminatorio para o persoal temporal. Conflito que pode afectar ao PDP, algo que semella non coñecen os asinantes do acordo en Caixanova.
Pero en materia de carreira profesional hai que facer historia:
• Dende o ano 1982 ata o 2004 a carreira profesional nas Caixas estaba limitada as oposicións de ascenso (sistema subxectivo e opaco).
No ano 2002 a CIG puxo en marcha unha campaña reivindicando recuperar o ascenso por antigüidade (o único sistema obxectivo e transparente): demandas xudiciais; reclamacións ante as empresas; mobilizacións; asembleas; a marcha de ascenso dos auxiliares a Pena Trevinca (a montaña mais alta de Galiza). Así a negociación do Convenio Colectivo centrouse na carreira profesional, creándose finalmente unha carreira por experiencia malia que limitada ata nivel VIII.
• Dende o ano 2004 a carreira profesional nas Caixas ten dous sistemas: ascenso por antigüidade e oposicións.
O acordo PDP de Caixanova é unha antigalla, feito cunha visión anterior ao ano 2002 (baseándose exclusivamente nas oposicións de ascenso) e a marxe da dinámica do resto do sector:
• Dende o ano 2004 en moitas Caixas ampliouse e mellorouse a carreira por antigüidade.
Por outra banda ese acordo asinado por Caixanova, CSICA e CCOO non foi avaliado dende a óptica de xénero, malia que sería mais que desexable. Como xa publicamos anteriormente as mulleres estamos sobre representadas entre os niveis XIII e VIII, mentres que a partir do nivel VIII a presenza das mulleres diminúe de xeito ascendente.
Por todo o exporto e dado que a carreira por antigüidade afecta fundamentalmente ás mulleres, dende a CIG propuxemos a ampliación do ascenso ata nivel VI para todo o persoal, reducindo o tempo dos ascensos ligando o mesmo ás novas funcións. Unha proposta na liña dos acordos existentes noutras Caixas que funcionan de xeito positivo.
En definitiva proximamente a Audiencia Nacional pode declarar as oposicións discriminatorias para o persoal temporal, afectando ao acordo PDP asinado en Caixanova, un acordo antigo, que insiste en erros pasados, limitado e a marxe da dinámica do sector, e por último un acordo que non foi avaliado dende unha óptica de xénero. Alguén da mais?

Sem comentários:
Enviar um comentário