16/01/10

Censura, censura, censura


Estamos afeitos á censura de Caixanova para tratar de evitar que non chegue a nosa voz ao persoal, pero hoxe imos falar doutra censura que tamén impón a nosa dirección.


Día sí e día tamén algúns xornais publican as apocalípticas e demagóxicas declaracións de Abel Caballerete e da comparsa de catro empresaruchos de Vigo. Estamos ante unha campaña mediatica e ante unha intoxicación informativa.

E dicimos empresaruchos, xa que quen xustifica publicamente as restriccións de creto por parte da Caixa "la caja lo estan pasando muy mal" merece ese calificativo. Por que en localia un empresario conselleiro da Caixa acompañado polo gominas da Confederación de Empresarios e o representante do Circulo Financeiro de Vigo, dixo isa frase esquecendo que quen o está pasando mal son as empresas as que din representar que morren estranguladas pola falta de financiamento e os milleiros de traballadores/as que coo consecuencia perderon o seu emprego. Onde estan as axudas públicas que recibiu Caixanova?, non no tecido produtivo dende logo, foron utilizados para pagar os vencementos desta entidade e punto.

Sen embargo calquera voz que se alce para dicir a verdade sobre a intención do PSOE de privatizar as Caixas a través do SIP atopase cun muro, o Faro de Vigo, El País e demais medios afíns á Dirección de Caixanova e ao PSOE optan pola censura. Non pasa nada a CIG está acostumbrada e ten resortes suficientes para chegar aos milleiros de afiliados e afiliadas e aos milleiros de traballadores e traballadoras de Vigo e Galiza.

Aos que mandan censurar nada que decirlles, non faremos leña da árbore caida, aos censuradores ben pagados dicimoslles ¡que lles vaia ben!, total nos leemos os seus xornais nos cafés e por internet e iso por agora sae gratis.

1 comentário:

O Rinconete disse...

"Pues amarga la verdad,
Quiero echarla de la boca;
Y si al alma su hiel toca,
Esconderla es necedad".
(D. Francisco de Quevedo e Villegas)

Mal que lles pese é o que hai.