O pasado venres a Dirección de Caixanova comunicounos que 200 persoas de SSCC serán formadas para poder pasar a rede de oficinas, din que para “reforzar temporalmente a rede comercial” dende febreiro a decembro. Da súa explicación despréndese que aplicarán a mobilidade xeográfica e funcional prevista no Convenio e que a CIG sempre rexeitou. Rexeitámola cando outros asinaron os convenios e rexeitámola cando pretenden aplicala. Din que enviaran unha comunicación individual, pero entendemos que estamos ante unha medida de carácter colectivo.
A medida afectará aos traballadores e traballadoras de SSCC de toda Galiza, pero fundamentalmente de Vigo, menores de 40 anos e con menos de 15 anos de antigüidade na empresa. Que serán formados durante ¡¡¡3 días!!! e pasaran outros 15 días na oficina. O posto será o “que lle toque”.
A mobilidade poderá superar os 25 Km, sen que especificasen a día de hoxe a figura legal pola que se rexeran estes traslados.
A empresa argumenta que se trata dunha medida temporal para reforzar a rede comercial, despois de que despediran aos temporais e de que practicamente desmantelasen as equipas volantes.
Dende a CIG moito nos tememos que esteamos ante un primeiro paso previo ao SIP, que xa anunciamos levará ao desmantelamento cando menos parcial dos SSCC de Vigo. Comezan a preparar ao persoal para que no futuro teña os coñecementos para ir á rede de oficinas.
Máis alá de que dado que estamos ante unha medida colectiva exerceremos todas aquelas opcións ao noso alcance, non podemos perder a perspectiva: a fusión galega duplica os SSCC, pero o SIP os triplica, cuadriplica ou quintuplica, dependendo do número de Caixas que os integren.
Nós defendemos a continuidade dos SSCC de Caixanova en Vigo, como lle temos transmitido tanto á Consellería como no Consello Económico Social de Vigo convocado por Abel Caballero. A CIG non contempla outra alternativa.
1 comentário:
Vaia presentación de resultados, baixan un 37% os beneficios, pero son un éxito.
Din que incrementouse a liquidez en 1.200 millóns de euros no 2009.
Pero si recibiron 375 millóns do FAAF (axudas públicas) + outros 1.000 millóns de emisións de débeda tamén con aval público. Habería que sumar tamén a liquidez inxectada polo banco central europeo (no ano 2008 foran 800 millóns) e o interbancario (no ano 2008 debía 1.000 millóns de euros que recibira dos bancos).
As contas non me cadran e si miramos as vendas de participadas as contas tampouco saen as dos beneficios.
Por certo como valoran os pisos de Seseña que lle emparrulou o Pocero?
Enviar um comentário