O vindeiro día 23 de marzo, os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova estamos chamados a concentrarnos contra a desaparición das Caixas Galegas, en Defensa do Emprego e pola Fusión Galega, a única alternativa que garante a existencia das caixas como tales e un acordo laboral.
Concentracións día 23 de marzo
A Coruña: 20:00 horas diante da Delegación do Goberno en Galiza.
Lugo: 19:00 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Ourense: 19:00 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Vigo: 19:00 horas Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Non á desaparición das Caixas Galegas,
en defensa do emprego,fusión XA!!
2 comentários:
Os/as Delega@s de Caixa Galicia en Vigo queremos mandarvos o noso pésame pola perda do Compañeiro Marcelino. Un grande sindicalista e mellor persoa.
Grazas compañeiro, Marcelo era un corazón con pernas, a todos mandaría polo aire (razóns non lle faltaban), pero era iso, ¡TODO CORAZÓN!
"A morte está tan segura da súa victoria que sempre nos da unha vida de ventaxa" (descoñezo quen carallo o dixo)pero as veces nos colle antes do que pensabamos.
Enviar um comentário