O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentará hoxe denuncia ante a Inspección de Traballo contra Caixanova despois de que varias mostras recollidas na obra da central parezan ser amianto segundo a propia Inspección de Traballo.
Dende o inicio das obras na central de Caixanova en Vigo os delegados de prevención da CIG amosaron a súa preocupación pola posible presenza de amianto sen que Caixanova tomase as medidas para realizar a extracción coas medidas establecidas na lei para evitar riscos ao persoal das contratas, ao persoal da Caixa e á clientela. O removemento do amianto ten que realizarse en condicións controladas (ver foto) e a súa comercialización agora está prohibida.
Foron numerosas as reunións coa empresa, pero Caixanova non fixo ningunha comprobación, nin tomou medidas.
Así que os nosos delegados fixeron unha recollida de mostras (non sen ter que superar atrancos, a dirección sabía o que había no edificio) e onte a Inspección de Traballo dixo que a falta de ser analizadas semella que conteñen amianto.
O amianto, o asasino silencioso, é un dos compoñentes mais perxudiciais para a saúde. Mais ala das posibles consecuencias da denuncia (paralización da obra e desaloxo do edificio) os responsables deben ser cesados de xeito inmediato e tomaremos todas as medidas ao noso alcance para que se investiguen estes feitos ata as últimas consecuencias.
O persoal exposto pode ver afectada a súa saúde no futuro, por culpa dun aforro de custes por parte da Dirección de Caixanova, indignante.
3 comentários:
Polo ben de todos/as Deus queira que non sexa asbesto o que atopáchedes.
Teneis que informarnos de lo que pasa, ayer y hoy estaban como locos en la central.
Si hay algún riesgo debemos estar informados pero ya!!
Os delegados de prevención da CIG non cobran sobre da empresa, non?
Adiante coa CIG!!!
Enviar um comentário