29/04/10

Publicado o comunicado censurado, pero...


Hoxe a Dirección de Caixanova colgou por fin o noso comunicado, pero claro, porqué sacou outro dando a súa versión e non quedaba ben o desmentido sen distribuir o orixinal. O reparto na central, que provocou unha lóxica demanda de información por parte do persoal, tamén dificultou a tentativa de ocultación da realidade.


Dín que se estan realizando controis habituais coa presenza da Inspección e do ISSGA por iniciatia da Caixa ante a preocupación pola saúde do persoal. Recoñece que se recolleron mostras (temos publicado as fotos da recollida neste blog, como para negalo). Tamén di que non se manipulou o amianto (non dician que non o había?) indebidamente e nega ningún tipo de risco para o persoal da central xa que non o manipulou directamente. En canto a algunhas das súas afirmacións, estamos en disposición de poder rebatilas e farémolo cando chegue o momento, publicaremos as probas que obran no noso poder.

Por outra parte na Comisión de Prevención anunciaron unha análise do aire, curiosamente unha proba que demandamos a Inspección a semana pasada, pero que agora despois do lavado de cara das obras e de que se ventilase o local durante días pode ser ineficaz.

Non só a manipulación directa é perigosa.

A contaminación que pode supoñer a manipulación non controlada do amianto producese a través do aire, o pó en suspensión que pode ser inhalado si non se ailla a zona conforme a normativa utilizando incluso equipos de depresión para impedir a saída do pó. Non só quen manipula directamente o amianto está exposto ao risco laboral, tamén quen esté exposto ao pó das obras.

A reacción doutros sindicatos.

Uns negaron que houbera amianto e dixeron que se fiaban da dirección (hora e media despois tiñamos o certificado positivo na man), outros dixeron que non tiñamos que telo comunicado porque causa alarma (negandovos o dereito a estar informados) e outros dixeron que tiñamos que ter solicitado a creación dunha comisión interna antes de denunciar na Inspección (si queres que algo non funcione crea unha comisión).

Nos estamos convencidos do que fixemos, nin a empresa, nin quen trata coas súas críticas de tapar a sua propia incompetencia ou servilismo, quebraran a nosa firmeza na defensa da vosa saúde e do dereito a estar informados.

Lembrade que os delegados de prevención da CIG estan a vosa enteira disposición para calqueira aclaración, consulta ou dúbida que nos queirades trasladar.

1 comentário:

EU disse...

Noraboa Richi, polo teu traballo honesto e silencioso a favor do persoal.

Deixoche un pequeno recordatorio, daquelas che dixen que o tempo pon a cada un no seu sitio. Ao final foi así.

http://www.ugtcaixanova.fesugt.es/index.php?option=com_content&task=view&id=203&Itemid=160