03/05/10

Fusión e clasificación de oficinas


O ano pasado a CIG non subscribiu a clasificación de oficinas en Caixanova, por entender que era cicatera e non resistía a comparación coas existentes noutras Caixas de Aforros do noso entorno, cando por outra parte cada día son maiores os requirimentos comerciais aos Directores/as e Interventores/as.


Agora, nestes tempos nos que se fala de fusión con Caixa Galicia, temos que dicir que na outra caixa, as condicións laborais están moi por riba das de Caixanova, froito dunha maior sindicalización e grazas á confianza do persoal de Caixa Galicia na CIG, sindicato maioritario a nivel galego.

Se hai fusión, teremos en primeiro termo que acadar un compromiso en materia de emprego, e posteriormente homologar as condicións laborais de todo o cadro de persoal. Neste senso, a modo de exemplo e para o voso coñecemento, achegamos comparativa da clasificación de oficinas.

Moitos apoderados/as en Caixanova non chegan a nivel VI, cando en Caixa Galicia negociamos estender a carreira profesional do persoal administrativo ata o nivel VI (antigo oficial superior), ligada á consecución de obxectivos.

Nos vindeiros días seguiremos expoñéndovos as diferenzas nas condicións laborais para todos e cada un dos colectivos. Coa fusión, o persoal de Caixanova ten moito que gañar.


Comparativa clasificación oficinas Caixanova e Caixa Galicia.



O SMG (salario mínimo garantido) é un complemento que establece as retribucións brutas mínimas anuais que se debe percibir en cada un dos postos. A diferenza retribuese cun complemento absorvible.

2 comentários:

Anónimo disse...

http://john-manns-wacky-site.com/91wacky/pictures/pego.jpg

O guarda do templo. disse...

Os COCÓS non teñen vergoña. Asinan a reordenación de oficinas e no comunicado seu poñen que non se entende que oficinas que cumpriron obxetivos sreciban unha puntuación mnor que o ano pasado. Pero si foron eles os primeiros n darlle a man á Empresa para facer o que queiran. Son eles os que están a joder os propios compañeiros, polo menos UGT recoñece onde se trabucou. ¿Quen dixo que non quedaban Fariseos? Cándido, como non votes fora os transfugas vante fundir o sindicato.