26/05/10

Inspección de Traballo: incompetencia, complicidade ou servilismo extremo


Collese antes a un mentiroso que a un tolleito: o xefe da Inspección recoñeceu verbalmente a presenza de amianto e a súa manipulación indebida (temos probas). Agora formalmente din que non hai amianto, malia que houbo mostras positivas.

Houbo mostras das recollidas pola CIG, como das recollidas polos técnicos contratados por Caixanova nas obras da central que deron positivo en amianto, en concreto nas baixantes. A Dirección da empresa non negou incluso a evidencia dunha manipulación indebida malia que alegou que "atoparan as baixantes nese estado ao derrubar unha parede", tamén o propio xefe da Inspección recoñeceu este feito malia que lle restou importancia. Non se entende pois a posición da Inspección de Traballo que sen recoller mostras atrévase agora a dicir que non hai amianto.

Temos presentada denuncia na fiscalia, agardamos que a xustiza poña a Inspección de Traballo no seu sitio. Estamos ante un caso de incompetencia, complicidade ou servilismo extremo, ou cecais todo xunto aderezado polo control político: Caixanova é intocable.

O noso obxectivo era que se cumprira a lexislación extremando as medidas preventivas na obra, algo que conseguimos. Pero tamén para poder contar cun dossier que poidera servir de base a calquera traballador ou traballadora si o día de maña desenvolve unha enfermidade relacionada co amianto, para que poda reclamar ante a seguridade social e ante a propia Caixanova, neste senso a posición da Inspección é un obstáculo que agardamos salvar coa denuncia ante a Fiscalía.


1 comentário:

O pobo palestino disse...

As tres cousas xuntas. O informe presentado por Inspección á Fiscalía é unha sarta de mentiras. Xa sabemos a quen lle dedicou David Civera a seguinte canción:
"Que a deteñan,
que é unha mentireira,...".