04/06/10

As Caixas non negociarán o impacto laboral da fusión


Quedou claro, as Caixas non negociarán o impacto laboral da fusión, o número de oficinas que pecharan, os departamentos de servizos centrais que se eliminaran ou nen tan sequera o número de postos traballo que serán amortizados.

As propias prexubilacións estaran condicionadas á partida económica prevista no plano de viabilidade e ao axuste que estableza posteriorente o Banco de España que tutela o proceso.

O vindeiro día 14 as Caixas preven que as dúas consultoras contratadas para realizar o plan de viabilidade (que inclue o custe laboral)o teñan rematado e polo tanto que sexa presentado aos sindicatos, posteriormente e previa aprobación polos Consellos, será enviado ao Banco de España.

Posteriormente o Banco de España reaxustará o plan de viabilidade, que fixará os termos da fusión e polo tanto o marco económico e os recortes de emprego que condicionaran a negociación do pacto laboral que comezaría o 29 de xuño. Unha negociación no verano coa metade dos cadros de persoal de vacacións.

Sen poder negociar o impacto sobre o emprego, as negociacións poden verse reducidas á negociación da vía de saída da entidade de centos de persoas e as condicións laborais para os que queden na Caixa. O Banco de España acotaría o terreo de xogo, situandose por riba da lei, noutros sectores calquera proceso de restruturación debe negociarse coa representación sindical.

En relación a venda de oficinas e preguntados pola CIG contestaron que na comisión de rede comercial non se falou desta cuestión, non sabemos si noutras comisións pode que o falasen.

Así mesmo quedaron en contestar a proposta da CIG para crear unha mesa negociadora paralela para o persoal da Obra Social, da Fundación, das empresas auxiliares e de Servizos. Agradecemos que agora outros sindicatos, que non respaldaron a proposta na mesa, agora a fagan súa publicamente.

Por último comentar que quedaron fixadas as persoas que negociaran polas caixas, Gonzalo Iglesias e Rubén Martínez Nieto por Caixanova e Miguel Angel Prado de Lucas e Antonio Cárdenas por Caixa Galicia. Contaran ademais co asesoramento dos despachos Sargadoy e de Ricardo Pradas (o ex voceiro da ACARL).

A fusión semella un bo negocio para consultoras, auditorias e despachos varios que traballan ademais de xeito duplicado. Semella que os equipos directivos non só non souberon xestionaron correctamente as entidades, si non que siguen cobrando e precisan contratar a outros para que fagan o seu traballo.

Sem comentários: