25/11/10

Comisións Control Plan de Pensións, propostas da CIG.

Tal e como anunciamos previamente no documento 25 preguntas prexubilacións tiñamos intención de solicitar unha reunión das respectivas Comisións de Control do Plan de Pensións co fin de aclarar puntos relativos ás prexubilacións. Finalmente as citadas reunións tiveron lugar onte en Caixanova e hoxe en Caixa Galicia.

Aprobouse a posibilidade de retirar os plans de pensións en caso de prexubilación, pensamos que era bo facer unha consulta vinculante á Dirección Xeral de Seguros por parte de ambas Comisións. En todo caso solicitamos entre outras medidas a eliminación do 8% de penalización previsto nas especificacións dos plans de pensións para os casos de xubilación anticipada, somos da opinión que deberían ser as Caixas as que asumiran a diferenza.

Solicitamos en Caixanova a posibilidade de pasar do subplan I para o subplan II, así como incrementar para ese último plan a achega ao 5% do salario pensionable como en Caixa Galicia

Agardamos que ambas propostas sexan tidas en consideración. Así mesmo insistimos na necesidade de consolidar complementos, tal e como se fixo en Caixa Galicia, malia que nesa empresa seguimos sen ter información do alcance real do decidido no Consello de Administración.

Sem comentários: