A moitos compañeiros/as sorprendeulle a distribución dos cadros de persoal por categorías que remitiu algún sindicato e que non souberon explicar. O persoal de Caixa Galicia de nivel I a VI supera amplamente ao de Caixanova. E, con carácter xeral, hai menor proporción de xente entre os niveis máis baixos (nivel XIII a nivel VII).

Esta diferenza é froito de 2 acordos coa representación sindical, acordos que dende a CIG queremos estender tamén ao persoal de Caixanova.
Por unha parte, como xa publicamos no seu día, en Caixa Galicia os niveis salariais asociados á Clasificación de Oficinas (que afecta a Directores/as, Interventores/as e Responsables de Riscos) son superiores aos de Caixanova (a convenio pelado). Isto explica porqué no tramo superior ao nivel VI, o persoal de Caixa Galicia supera amplamente ao de Caixanova.

Por outra parte, e agora que algúns insisten na bonanza do PDP, en Caixa Galicia está acordada e asinada unha mellora da Carreira Profesional do persoal Administrativo por experiencia e produtividade, aínda que se manteñan as Oposicións de Ascenso, sistema no que a CIG non acredita. O ano pasado, primeiro no que ese acordo foi aplicado, máis de 350 persoas ascenderon de categoría en Caixa Galicia.

Por outra parte xa temos nas nosas mans o resumo dos conceptos salariais vixentes; en Caixa Galicia existe un maior número de complementos xerais, é dicir, de aplicación para todo o persoal e de maior calidade que os existentes en Caixanova.
O groso dos complementos xerais e vixentes en Caixa Galicia, que tamén queremos estender a Caixanova, son froito de 2 acordos coa representación sindical. Por unha parte, o Salario Mínimo Garantido (ligado á Clasificación e que cobran os apoderados/as) do que xa falamos nun anterior comunicado e, de outra, os complementos CPAR e CPAS, que cobra todo o persoal administrativo da rede e de SSCC, por unha contía de 2.295,72 euros anuais (2009).
En definitiva, non é certo como comentan algúns que en Caixa Galicia houbera unha suba de categorías previa á fusión. Son dereitos consolidados asinados coa representación sindical, grazas ao bo traballo sindical desenvolvido durante anos. Uns dereitos que, entre outros, dende a CIG queremos estender ao persoal de Caixanova.

Sem comentários:
Enviar um comentário