Como xa comentamos no comunicado anterior, Caixanova e Caixa Galicia fixeron entrega dun documento no que indican os complementos que se perciben segundo a súa natureza. Facilitaron tamén a relación dos conceptos que non se incluirían para o cálculo do salario a complementar na prexubilación.
Hai que lembrar que a oferta de cobertura realizada polas Caixas foi do 75% sen achegas ao plan de pensións (opción á que non se podería acoller o persoal con Plan de Pensión de Prestación Definida, maioritariamente o de Caixanova) e do 70% mantendo as achegas. Estas porcentaxes xirarían sobre o salario fixo.
No caso de Caixanova os complementos que propoñen que non entrarían para o cálculo da porcentaxe serían os seguintes:
Código e Concepto:
5O6-5PW-529 Plus quebranto moeda
5PX-5PY Plus transporte
5PZ-5P0 Plus desprazamento
5RC RCR parte fixa
5RV RCR parte variable
586-587 Complemento de destino
590 Axuda vivenda
579 Compl. adicional por obxectivos
Chama a atención que digan que a cobertura dos prexubilados/as xirará sobre o salario fixo, pero en Caixanova non teñan en conta a RCR parte fixa, que equivale a paga e media (ademais a única mellora real sobre o Convenio Estatal). En ningunha das dúas Caixas terían en conta o salario variable.
Na práctica, o persoal de Caixa Galicia poderá, con carácter xeral, cobrar o 75%, mentres o persoal de Caixanova tería dereito a unha cobertura real do 62%, se non computa a RCR parte fixa.
Temos solicitado unha aclaración a RRHH sobre esta cuestión, sen que a día de hoxe recibiramos contestación. En todo caso, dende a CIG non admitiremos ningún tipo de recorte nin propostas discriminatorias para ningún colectivo.
Sem comentários:
Enviar um comentário