

200 traballadores e traballadoras da entidade participaron na asemblea convocada en Ourense , demandando unhas condicións dignas para as 1.200 persoas "excedentes" e para o persoal que quedará en activo. Un éxito de participación, tanto no número, como polas numerosas intervencións froito do malestar instalado nos cadros de persoal.
As cúpulas directivas deberían ter en consideración o malestar evidente dos que serán protagonistas da fusión: os traballadores e traballadoras da Caixa Galega.
Non escoitar as demandas dos principais protagonistas agochandose detras dos asesores ben pagados de Madrid non é a solución. Ou o persoal de ambas entidades se sinte participe da fusión ou o duro camiño que queda por percorrer, será unha longa noite de pedra.
As cúpulas directivas deberían ter en consideración o malestar evidente dos que serán protagonistas da fusión: os traballadores e traballadoras da Caixa Galega.
Non escoitar as demandas dos principais protagonistas agochandose detras dos asesores ben pagados de Madrid non é a solución. Ou o persoal de ambas entidades se sinte participe da fusión ou o duro camiño que queda por percorrer, será unha longa noite de pedra.
3 comentários:
Saco en conclusión que entre Vigo e Ourense estaban a maior parte dos "excedentes cabreados".
Ninguén está contento do que presenta a nova caixa.
Polo tanto. O QUE DAN NON VALE. INASUMIBEL.
TRISTEZA...
...por ver que dous sindicatos asignan o Pacto Laboral da fusión (CC.OO. escomenzade cas visitas por oficinas pero levando casco porque vos poden inflar).
...por a oferta que se lles fai a xente que ao longo dos anos sacrificou á familia por facer destas empresas algo grande(o barco o move quen rema, xa pode gobernar o barco quen queira que se non se boga vai á deriva). Xa dí o Cantico de Simeón:¡NUNC DIMITTIS SERVUM TUUM, DOMINE!(¡AGORA DESPIDES SEÑOR AO TEU SERVO!).
...por os novos compañeiros, que se non se aceptan as prexubilacións, os 1230 son eles ou calquera de nos.
... pola movilidade xeográfica na que todos sen excepción quedamos involucrados a capricho da empresa quen se move e quen non (por certo, carallo, os que non se moven son eles, os que nos chaman ¡CAMPEONS! ¡SODES OS MELLORES!).
... por ver ao Sr. Gayoso na cea anual botando as mans ao peito, case chorando,dicindo en silencio que nos quere (en tempos de Cristo saería da Igrexa a latigazos,como os fariseos).
... e en xeral por toda a merda que o goberno "socialista" impón, ao igual que os maiores fascistas do mundo, a nova Reforma Laboral a cal tira todos os nosos dereitos polo chan. E se lembrades a famosa pretensión da UE de impor a Directiva de Tempo de Traballo (xornada semanal de 65 horas) xa está aí autorizada nesta Reforma.
LEDICIA...
...por saber que a CIG sempre está aí defendendo ós traballadores, pedindo garantes que non son considerados pola Dirección. Participando nun ERE que antes de que sexa imposto (outra saida non tiñan para evitar a intervención)pudera ser negociado nuas condicións aceptables e xustas.
... por ser o Sindicato do "NON" cando nada do que se lle oferta os traballadores e para dicir "SI".
Rematando agora é o intre de amosar o moneco da cea anual coa lenda: "PORQUE TÍ ERES IMPORTANTE TES RESERVADO ESTE SITIO PARA TI!
... Os que "NUNC DIMITTIS" son eles,os que levan o barco... as pedras.
Enviar um comentário