22/09/10

Asembleas Caixas CIG, CCOO e CSICA


Tal e como asumimos publicamente o vindeiro día 27 e 28 de setembro comezaremos coa rolda de asembleas que continuaran polo resto de Galiza en vindeiras datas.

As asembleas estan previstas para informar da nosa visión da negociación do pacto laboral, do marco lexislativo que nos afecta. Así mesmo e ante a convocatoria de Folga Xeral informaremos do impacto da reforma laboral (tanto no proceso de negociación, como cara ao futuro).

O lúns 27 de setembro ás 17:30 horas no Verbum en Vigo.

O martes 28 de setembro ás 17:30 horas no Auditorio de Ourense.

3 comentários:

O convocado disse...

ASÍ ME GUSTA. Sempre por diante dos demais, despois que non se diga que non se da información. Esperemos que o Verbum esté cheo de empregados das dúas Entidades.A ocasión ben o merece.Acudide compañeiros, imos ter información fresca e fiable.

Anónimo disse...

Os insultadores, que nada estan aportando na negociación, contraprogaman asembleas.

Está claro que non son para informar, si non xa as houberan convocado antes.

ojete disse...

UGT QUITOU DA SÚA WEB OS ACORDOS FIRMADOS NOUTRAS CAIXAS PARA QUE NINGUEN PODA COMPARAR.

É VERGOÑENTO, FIRMARON O ERE DO SIP DE SA NOSTRA EN PIORES CONDICIÓNS, POR ISO O RETIRAN PARA QUE NINGUEN O PODA VER.