Caixanova é unha das entidades financeiras baixo o punto de mira da Comisión Nacional da Competencia, organismo que ten aberto un expedente sancionador a 20 entidades financeiras por posible vulneración do principio de libre competencia.
Os feitos remontanse ao ano 2000 e estan relacionados coa venda cruzada de seguros cando os clientes solicitan unha hipoteca.
A Consellería de Economía garda un inexplicable silencio fronte a esta práctica declarada ilegal polos Tribunais e que está sendo investigada pola CNC. Caixa Galicia tamén ten aberto expedente polos mesmos feitos.
Semella que o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño prefire non ver o que pasa nas Caixas de Aforros.
2 comentários:
Poderoso caballero...
Caixanova e Caixa Galicia teñen algo en común: engañan aos clientes. Sera esa a sinérxia da que tanto fala Touriño?
Enviar um comentário