04/01/08

A Caixa quere prolongar o horario


O pasado día 3 de xaneiro RRHH comunicounos á representación sindical que en base a entrada en vigor do Convenio Colectivo 2007-2008 (asinado por CSICA e CCOO), considera necesario adaptar a xornada laboral na empresa. Segundo a Caixa a redución das tardes dos xoves contemplada en Convenio non con leva unha redución da xornada en computo anual e polo tanto debemos recuperar as horas.

Con este “bagaxe”, din que pretenden facernos “cumprir” as 1623 horas en computo anual recollidas no Pacto Laboral da Fusión e para iso pretenden modificar o horario dos 15 xoves que restan ata finais de abril, prolongando a xornada laboral das tardes dos xoves ata as 20:00 horas.

Non contentos con iso, no Plan Director de Formación establecen que a maior parte dos cursos se realizaran fora da xornada laboral, tanto polas tardes como os sábados pola maña.

Dende a CIG xa amosamos a nosa oposición a estas medidas e anticipamos que utilizaremos todos os métodos ao noso alcance para defender o noso horario.

En todo caso queremos facer un chamamento a todos os traballadores e traballadoras de Caixanova para que cumpran estritamente a xornada laboral. Non lle regalemos nin un minuto a empresa.

Solicitarvos tamén a vosa colaboración, si coñecedes oficinas ou servizos que realizan horas extras ilegais (non pagadas, nin retribuídas) poñédevos en contacto cos delegados/as da CIG para que podamos denuncialas nas respectivas inspeccións de traballo (garantindo o voso anonimato).



Pd. Aínda nos deben as horas extras traballadas de balde durante o colapso do sistema informático.

Sem comentários: