21/02/08

Despedimentos en Bancos e Caixas

Estamos detectando con gran preocupación un incremento no número de despedimentos en Bancos e Caixas de Aforros que teñen un fío común. Os despedimentos son realizados en base a supostos incumprimentos da normativa interna das Entidades, nomeadamente a relacionada coa concesión de préstamos e créditos.

En todos os casos, os préstamos e créditos foron concedidos en base á operatoria habitual en cada unha das empresas, malia que a operatoria habitual non sempre coincide cunha interpretación ríxida da normativa interna.

As empresas recoñecen estes despedimentos como improcedentes optando por indemnizar ao persoal, polo que dificilmente cabe recurso xudicial.

O persoal de Bancos e Caixas de Aforros está sometido a fortes requirimentos para cumprir obxectivos comerciais. Nos anos pasados, especialmente centrados na colocación de préstamos e créditos a particulares e empresas.

Agora, ante a crise no sector financeiro e ante o posible medre dos casos de mora, as Entidades pretenden dar exemplo despedindo en base a supostos incumprimentos da normativa. Alegan que os préstamos e créditos indebidamente indocumentados poden ser de difícil cobro en caso de mora.

Ante estes feitos dende a CIG queremos facer un chamamento a todo o persoal do sector para que cumpra rigorosamente a normativa interna de cada unha das empresas e que se revisen os expedientes dos préstamos e créditos concedidos.

En todo caso dende a CIG faremos un seguimento exhaustivo deste tipo de despedimento en cada unha das empresas. Non admitiremos abusos, nin que se responsabilice ao persoal das malas prácticas impulsadas polas propias Direccións dos Bancos e Caixas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ten que pasar, tarde o cedo sempre teñen o as gardado debaixo da manga, humanidade "CERO" só somos números para os seus obxetivos. Vamos ter que cumprir a raxatabla o "MANUAL OPERATIVO", que sí é un manual pero de operativo nada. ¿Canto se tardaría en dar un préstamo a un cliente si se lle require todo o que debemos incluir nun expediente?¿Cantas contas abriríanse si nos negásemos a facelo porque non se pode saltar o dichoso manual?¿Cantos clientes cancelarían as contas por non ter a confianza en eles? Os polos saiben que para que unha oficina funcione temos que arriscarnos en moitas ocasions e dispois clavan o puñal por detrás. Deixan actuar e dispois dicenche que tes que cumprir cas normas. Si ademais non o facemos polo noso beneficio sinon pola empresa. Pero ollo: "Sin joder non as de quedar"

Anónimo disse...

Caixanova é unha das entidades metidas neste paquete.