Os comunicados sindicais dirixidos ao persoal de Caixanova sempre deberon pasar unha censura previa por parte de RRHH, si queriamos que fosen repartidos pola valixa interna a todos os centros de traballo. Moitos foron censurados para impedir que os traballadores e as traballadoras coñeceran os posicionamentos sindicais contrarios aos defendidos pola empresa.
Aínda hoxe, catro anos despois, incumpre o pactado no Convenio das Caixas do ano 2004, no relativo ao uso sindical do correo electrónico interno da empresa, feito polo que temos presentado un conflito colectivo ante a Audiencia Nacional que se celebrará o vindeiro mes de outubro.
Coa creación deste espazo en internet tratamos de abrir unha pequena fiestra que lle permitira ao persoal ter aceso a unha información sindical que en moitos casos lle estaba vetada, para que entrase unha bocanada de aire que refrescase o rancio ambiente laboral de Caixanova. A día de hoxe, este blog, segue sendo o único espazo sindical aberto a todo o persoal da Caixa de Aforros.
Esta semana a Dirección de Caixanova, que segue negando o dereito ao uso sindical do correo electrónico, puxo á disposición das distintas Seccións Sindicais unha páxina interna na que colgar os seus comunicados, previa autorización por parte de RRHH claro está.
Quede claro que nin polas “boas”, nin polas malas, non cederemos. A CIG seguirá adiante con este espazo de información sindical por moito que lle pese a Dirección de Caixanova.
Os sindicatos temos dereito a expresarnos libremente e os traballadores e as traballadoras de Caixanova teñen o dereito a recibir a información sindical que os sindicatos lle queiramos trasladar, sen censuras e sen correccións. Por iso aquí estamos e aquí seguiremos.

Sem comentários:
Enviar um comentário