Este verán a empresa comunicounos que pretendía poñer en marcha o denominado proxecto de Fidelización, polo que persoal administrativo realizará funcións comerciais de xeito voluntario, percibindo como compensación unha retribución variable.
Inicialmente a documentación facilitada pola empresa foi mínima, pero por parte da CIG presentámoslles unha serie de propostas concretas para tratar de mellorar o funcionamento deste proxecto.
En primeiro lugar o persoal realizará un traballo certo, percibindo a cambio unha retribución incerta (variable).
· A nosa proposta foi establecer un complemento mínimo fixo e ligar a consecución dos obxectivos comerciais á carreira profesional do persoal administrativo mellorando o Convenio Colectivo.
Por outra banda o cumprimento dos obxectivos marcados non garante o cobro da retribución variable, debido a que os resultados da oficina actúan como interruptor, como xa sucede coa RCR variable.
· Neste senso a nosa proposta foi que se elimine o cumprimento de obxectivos por parte da oficina como interruptor. Entendemos que si unha persoa cumpre co seu traballo ten dereito a cobrar.
Por último dicir que a empresa seleccionará un grupo de clientes que serán atendidos polas persoas que formen parte do proxecto de fidelización, a priori trátase de clientes que polas súas características forman parte da carteira propia dos Directores. Non semella correcto que un Director capte bos clientes e que despois os atendan terceiras persoas.
En definitiva entendemos como positivo que a asunción de funcións comerciais por parte do persoal administrativo sexa voluntaria, pero pensamos que o Plan pode ser mellorable, especialmente no relativo ás condicións de traballo do persoal.

1 comentário:
agora sae ccoo falando de fidelización despois de ver o voso comunicado, tarde piaron.
Enviar um comentário