22/10/08

Conflito Colectivo, haberá negociación


Onte día 21 tivo lugar a vista na Audiencia Nacional polo conflito colectivo presentado pola CIG ante a negativa de Caixanova de facilitar o uso sindical do correo electrónico. Cabe lembrar que Caixanova censurou e secuestrou en numerosas ocasións comunicados sindicais.

O xuízo estivo marcado pola xornada de protesta de secretarios xudiciais e xuices. Finalmente coa mediación dos maxistrados, chegouse a un acordo polo que Caixanova comprometese a negociar un acordo con toda a representación sindical antes de final de ano, de non ser así o conflito retomarase de novo.

Ante esta negociación a CIG considera fundamental que se garanta o dereito do persoal de Caixanova a recibir información sindical sen nengun tipo de censura por parte da Dirección.

3 comentários:

Anónimo disse...

¡Qué non se diga que non se lle dan facilidades para chegar a acordos! Sin embargo a postura da Dirección en materia sindical sempre é dilatar no tempo calquer proposta e non teñen disposición ningunha para solucionar problemas.

Anónimo disse...

Q opiñades das contratacións q está facendo caixanova a traves da sua consultora arach?

Anónimo disse...

jaioso, as contratacions son penosas. A triste realidade é que segundo o curriculum chegue a caixanova por unha via ou outra, podes concursar a GEO ou a GUN. Asi de facil, en vez de separar ós candidatos en función das suas aptitudes e valia, sepáranos en funcion de se meteron o cv en infojobs (arach, e concursarás para geo) ou en nb (e concursarás para gun). Resultado, hai gunes que non valerán na vida para desenrolar un traballo comercial pero ascenderán, e haberá geos moi validos q como maximo seran interventores, ós 15 anos de entrar na empresa.