05/12/08

Acordos inextremis na Audiencia Nacional


O pasado día 3 de decembro estaba fixada a data de 2 conflitos colectivos na Audiencia Nacional relativos a o recoñecemento dos servizos prestados con contrato temporal a efectos de promoción e outro relativo a data en que deben producirse os ascensos dentro do sistema de promoción do Convenio.


Malia que non estabamos citados para estes conflitos (o que podía dar lugar a un defecto de forma) e dado que tal e como tiñamos anunciado a nosa Asesoría Xurídica tiña preparado demandas semellantes, comparecemos como parte afectada.

Finalmente nos dous casos houbo conciliación, chegando a acordo entre Caixanova, UGT, CIG e CCOO, grazas a mediación da Sala do Social.

• Por unha parte a empresa recoñeceu a efectos de promoción os servizos prestados con anterioridade a contratación indefinida baixo calquera modalidade de contratación temporal.

• Por outra acordamos que en canto a promoción se refire, se producirá no expediente persoal como data do ascenso ao día seguinte do cumprimento do termo e aos efectos económicos do ascenso, con data do día 1 do mes seguinte.

Laiámonos de que Caixanova só se aveña a negociar in-extremis e ante a presentación de conflitos colectivos.

O dialogo e a negociación que deberan ser unha peza angular nas relacións laborais en calquera empresa, en Caixanova brillan pola súa ausencia. Os novos tempos cheiran a vello.

Sem comentários: