05/12/08

O persoal da OP de Vigo afectado por un derrame dun produto químico


Neste mesmo momento o persoal da OP de Vigo está afectado polo derrrame dun produto químico sen identificar nas obras de reforma da central. Mareos, escozor de ollos e malestar xeral entre as persoas presentes sucedense sen que os responsables da oficina den a orde de desaloxo.

Postos en contacto co Presidente do Comité de Saúde Laboral para solicitar unha actuación por parte da empresa para protexer a saúde do persoal e que valoré o posible desaloxo do edificio, non tivemos contestación, simplemente botouse a rir argumentando que non pode facer nada. Actuación pola que exixiremos responsabilidades.

Visitado o Departamento de Persoal nos indican que ninguen pode atendernos, mentes o xefe de obras tamén está ilocalizable.

Ante esta situación puxemonos de xeito inmediato coa Inspección de Traballo para que interveña ordenando o desaloxo ante este novo accidente nestas obras. Anteriormente faleceu o traballador dunha das empresas que realizan a reforma.

Sem comentários: