¿Dicírme por qué a Dirección asigna a creación do COMITÉ INTERCENTROS DE SEGURIDADE E SAÚDE e a constitución da COMISIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE dando a conformidade as competencias e facultades que o artigo 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais lle atribúe, senón os respeta nin os considera como o camiño legal en Prevención?.
Temos probas de ocultación de información aos membros de dita Comisión, a cal está formada por un Delegado de Prevención de cada sindicato. Porque a of. Eugenio Fadrique en Vigo, que estivo pechada ao público dous días por inundación de augas fecais (enterámonos disto por un cliente)e a of. de Salvaterra, onde se intentou perpetrar un atraco, a través de butrón, tampouco se nos comunicou (creemos lembrar que o atraco xa é un risco laboral), e témonos que enterar polos medios de comunicación.
Cando nas xuntanzas pediuse explicacións desta nefasta actitude, non obtivemos ningunha resposta, da a impresión que ninguén ten permiso para dar explicacións si unha “NEGRA SOMBRA” non o decide. Da vergoña ver nesas xuntanzas como abandonan os seus asentos algúns responsables da parte empresarial cando xa se trataron os temas que pensan só lles atañen. ¡Pero si son Delegados de Prevención e todo lles compete! Seu deber é permanecer na xuntanza e escoitar no que nela se expón, pero demostran con feitos o pouco que a Prevención lles interesa.
Vímonos na obriga de abandoar a derradeira xuntanza do Comité ante o desprezo que se mostra ante requirimentos da parte social e a conseguinte falta de respecto que amosan coas Leis vixentes en materia de Prevención.
Pensan que como nunca acontece algo grave non hai que preocuparse nin ocuparse. Non teñen conciencia da importancia e a responsabilidade que implica a Prevención. Imos lembrarlles, que enténdese como RESPONSABILIDADE á capacidade para cumprir e dar resposta as obrigas asumidas e soportar as consecuencias do seu incumprimento. Deste xeito,RESPONSABLE será a persoa que ten autoridade para tomar decisións e dirixir unha actividade. Quede claro: A maior autoridade e poder executivo, maior RESPONSABILIDADE, e ésta pode chegar a ser penal. (R.D. 5/2000 Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social).
Porque como os traballadores tamén temos obrigas en materia de Seguridade e Saúde Laboral (artigo 29 da Lei de P.R.L. e artigos. 5, 19, etc. do E.T.), é fundamental cumprir estritamente as nosas obrigas para os que ostentan a maior RESPONSABILIDADE non poidan ampararse nos nosos incumprimentos para xustificar os seus.
Sabede que, por moito que pretenda a Dirección que non funcione a Comisión de Seguridade e Saúde, temos todos nas nosas mans non permitilo, e soamente depende de nos. Polo menos en algo seríamos de verdade a Caixa de todos e cada un. A SAÚDE NIN SE DELEGA NIN SE VENDE, SE DEFENDE. Os delegados de prevención da CIG están a vosa disposición .
Sem comentários:
Enviar um comentário