18/12/08

Imos a ver o circo: canta Caixanova


¡Igualiño que un circo! No circo, vai un a pasalo ben, en Caixanova xa non sabe un si rir ou chorar. No circo, as feras están en xaulas, en Caixanova calquera día atopámonos unha nos pasillos. De feito xa se dixo nalgunha ocasión: “En Caixanova queremos ter leóns gobernados por leóns” (presentación proxecto RANDE). No circo, os trapecistas toman as medidas necesarias para protexerse de posibles accidentes, en Caixanova os responsables en Prevención andan na corda floxa como os funanbulistas. No circo, todos os nenos sempre esperan a actuación estelar(¡sempre soia ser a derradeira e a mais desexada!) en Caixanova non dan rematado de actuar. No circo, as persoas procuran facer seu traballo o mellor posible, polo ben e seguridade de todos, en Caixanova o que fan os responsables en materia de Prevención xa non ten nome, e visto o visto, non podemos fiarnos deles. O único en que asemellan ámbolos dous tipos de circo é que sempre dan a súa función.

E a derradeira actuación de Caixanova non é outra que expoñer a todos os compañeiros da Central a un risco por axentes químicos. Necesidade de facer isto: ¡ningunha!. Explicación para facelo: ¡ningunha!

Como todo ten que ter un límite na vida, a CIG considera que éste xa chegou. Vémonos na obriga, sempre en defensa de todos, de poñer unha denuncia a empresa ante o organismo/s competente/s en base a unha serie de feitos acaecidos ao longo das obras de reforma da Sede Central dende o seu comenzo. Só unha referencia: O Artigo 40 da Lei de Prevención de Riscos Laborais di que os traballadores e mailos seus representantes (Delegados de Prevención) poderán recorrer á Inspección de Traballo se consideran que as medidas adoptadas polo empresario non son abondo para garantir a seguridade e a saúde no traballo. Os responsables de esta actuación pola parte empresarial, xa non respetan nin as Leis nin as persoas. Pois que saiban de unha vez que por tratarse de Leis, son de obrigado cumprimento, e se non as len, non están eximidos de cumprilas.

O venres día 5 de Decembro, recibimos aviso de varios compañeiros de distintos departamentos que se atopaban con mareos e dores de cabeza motivado por un intenso cheiro a disolventes o pegamentos que segundo se nos comunicou mais tarde, xa o levaban padecendo dende o xoves pola tarde. Presentado un dos nosos Delegado de Prevención no lugar dos feitos sobre as 14:10 horas, e tras comprobar en distintos lugares de traballo a realidade do cheiro dirixiuse ao Dpto. RR.HH. pedindo explicacións do que estaba a acontecer, ningún responsable atopábase alí, nin responsable de RR.HH., nin responsable de Obras, nin responsable de Asesoría, nin responsable de Seguridade, nin o Coordinador das obras, ao cal chamaremos a partir de hoxe “ O desaparecido”. Se lle remitiu un correo un correo electrónico ao Presidente do Comité de Seguridade e Saúde que sí estaba presente, instándolle a que, sen demora, adoptara as medidas oportunas para salvagardar a saúde dos traballadores, como debeu ser comunicarlles o dereito a abandonar o seu posto de traballo xa que se descoñecía a natureza das sustancias que estaban a respirar. Seguidamente o Delegado persóase no garaxe, lugar onde se estaba efectuando o uso deses produtos tóxicos e requiriu a presenza do maior responsable que se atopara nese intre no lugar. O Delegado preguntoulle que tarefa se estaba a facer e que produtos estábanse a usar, ademais das Fichas Técnicas destes produtos para ter coñecemento “in situ” da perigosidade de ditas sustancias. ¡As fichas técnicas non estaban a nosa disposición¡, ata o martes 9 non as podían presentar. O Delegado púxose a ler as etiquetas nos recipientes de produtos e a tomar nota dos nomes deles. Literalmente, nalgunhas delas poñía o seguinte: “Facilmente inflamable. Nocivo por inhalación, risco de efectos graves para a saúde no caso de exposición prolongada por inhalación. Posible risco durante o embarazo de efectos adversos para o feto. Úsese unicamente en lugares ben ventilados”. E a gota que colma o vaso e ter a desfachatez , diante das narices do Delegado, de proceder a retirar e trasladar con unha máquina elevadora tódolos produtos usados a unhas furgonetas. ¡Alguén debía ter neses intres o medo no corpo ante unha denuncia!.
Pero tranquilos, que aínda que descoñecemos os compoñentes dos produtos, vos informaremos ao detalle do que alí usouse, xa que si dar información aos Delegados de Prevención non vai con eles, que lla dean ao Inspector correspondente. Como diría Don Quixote: “ En verdade amigo Sancho, boca sen moas é como muíño sen roda, por iso sempre debe ser mais considerado un dente que un diamante”.

Sabede que calquera dos que estivésedes expostos a inhalación, tedes o dereito por Lei, e dicimos por Lei, de acudir á Mutua si notades calquera síntoma de malestar acaecido dende dita exposición, aínda que supoñemos que xa o padecíchedes (esquezor de boca e garganta, dores de cabeza, mareos,…). E si algunha compañeira atópase en estado de xestación que o comunique aos Delegados de Prevención por si temos que tomar medidas. E tamén faceros saber que si vos atopades nunha situación similar, según o Art. 21.2 da Lei PRL, o traballador ten dereito a interromper a actividade o abandoar o traballo cando se considere que existe un risco grave e inminente para a súa vida ou a súa saúde, non podendo ser sancionado por isto a menos que obrase de mala fe. (¡NINGUEN TE PODE SANCIONAR POR CUMPRIR A LEI!). ¡Mais claro, auga!

Si alguén tivese algo de vergoña, tiña que presentar a súa dimisión de inmediato por incompetente, e dende a CIG esiximos depuración de responsabilidades, o é que tamén só as temos os traballadores. Da medo poñer a seguridade e saúde de todos en mans de quen non ten o mais mínimo respecto polas persoas. Para rematar que se saiba que non imos saír do interior do toldo do circo.

Sem comentários: