Paquetes colapsan un patio de operacións ata o bunker
As oficinas de Caixanova vironse colapsadas pola chegada de agasallos para os clientes, toda vez que os paquetes persoalizados recibidos exceden con moito o espazo de almacenamento das oficinas.
Bunkers, zonas de paso, mesas, patios de operacións, os servizos, calquer sitio é bó para almacenar os centos de agasallos, nunha situación que o persoal define como auténtico colapso é que unha vez mais pon en evidencia a falta de planificación dos responsables comerciais da Caixanova.
Todos os días chegan novos paquetes persoalizados, o que supón unha carga de traballo engadida a primeiros de mes e de ano.
A falta de espazo nas oficinas e as colas que provoca ter que buscar o agasallo persoalizado de cada cliente provoca tamén queixas constantes da clientela.
O que sen dúbida podía ser unha boa campaña de apoio comercial está provocando problemas laborais e de seguridade, dando imaxe de improvisación e falta de planificación, en definitiva unha mala propaganda.
1 comentário:
Ista e outra falta de planificación como ben dicides, engadir tamén que a coordinación entre os distintos departamentos en moitas materias non existe. Si sábese que colapsan as oficinas, ¿por qué non chaman as oficinas antes de remitirlle os agasallos para coñecer si os poden enviar?¿porqué non envían os agasallos sin etiquetas identificativas para axilizar as entregas?¿porqué cando un cliente quere varios agasallos iguais temos que pedir un por un? ¿porqué non se contratou a xente para adicarse a esta tarefa?¿porqué se recomenda romper o agasallo si ten un defecto?¿non o cobran? ¡E QUEREN QUE CAIXANOVA SEA REFERENCIA!¡A CABEZA NON É SÓ BOINA!
Enviar um comentário