Hoxe a oficina de Fragoso en Vigo foi atracada por unha persoa a punta de coitelo. Ningun dos compañeiros e compañeiras resultou ferido.
Cando menos temos constancia de que esta oficina foi atracada cando menos noutras duas ocasións, no 2002 e no 2003.
Comezamos o ano como pechamos o anterior, cun novo atraco. Agardamos que a Caixa se sente a negociar a adopción de medidas antiatraco engadidas as mínimas legais para que durante este ano 2009 rachemos a tendencia dos anos anteriores.
Sem comentários:
Enviar um comentário