Hoxe foron atracadas a man armada dúas oficinas de Caixanova en Vigo, a oficina de Hispanidade foi atracada por un individuo armado cunha pistola. O outro foi na de Fragoso, oficina que xa fora atracada o día 12 tal e como denunciamos neste espazo.
Unha vez mais ponse en evidencia a falta de medidas de seguridade en Caixanova, semella que a Entidade non lle preocupa a integridade física e psiquica dos traballadores e traballadoras, pero tampouco a da clientela. Menos mal que desta volta ninguen resultou ferido.
Malia que a oficina de Fragoso foi atracada o día 12 desta semana non houbo un incremento das medidas de seguridade. Un grave erro por parte da empresa.
Sem comentários:
Enviar um comentário