Recentemente CCOO e UGT propuxeron nos asinar un escrito dirixido ao Director Xeral relativo a tres puntos, un escrito que como CIG negámonos a asinar.
No primeiro punto solicitaban que a limpeza das sucursais de fóra de Galiza fixérase fóra da xornada laboral. Bonita situación, ir falar con todo un Director Xeral e rematar discutindo se é mellor o Mistol ou o Ajax Pino.
Referíanse tamén aos graves incumprimentos da normativa por parte dos traballadores e traballadoras en canto a custodia do efectivo, o que con leva un maior risco de atracos. Sempre insistimos en que é preciso cumprir estritamente a normativa de manexo de efectivo pero de aí a acusar ao persoal hai un abismo. Agardamos que esa denuncia “sindical” non dea lugar a apertura de expedientes disciplinarios a ningún traballador/a.
Para bordar o seu transcendente escrito, pedían por último a canalización dos cables dos equipos que son molestos e dan mala imaxe. ¿Non pensades que hai cuestións mais importantes para falar co Director?, ¿incluso dende o punto de vista da saúde laboral?.
Non será máis importante o risco de atraco?; a cada vez maior incidencia dos riscos psicosociais (stress, depresións) debido ao ritmo de traballo? ou non vos preocupa a maior incidencia das enfermidades cardiovasculares entre os compañeiros/as?.
En fin, as veces querer ser o mais do mundo mundial e querer ir mais ala que ninguén, pode facernos caer no ridículo. Desta volta e sen que serva de precedente, non nos referimos precisamente á Dirección de Caixanova.
Pensamos que os sindicatos deberíamos dirixirnos conxuntamente ao Director Xeral, para abrir un clima de dialogo e negociación que é mais necesario que nunca ante a crise do sector financeiro. Para isto poden contar coa CIG.
Sem comentários:
Enviar um comentário