O Sistema financeiro do estado español mantívose a marxe da primeira onda da crise financeira internacional, pero non pola tan cacarexada supervisión do Banco de España, un organismo que aplicou medidas neoliberais apostando pola “autoregulación” das entidades.
As entidades financeiras do estado eran tomadoras nos mercados internacionais, co fin de obter recursos para financiar a expansión territorial no caso das Caixas, a expansión internacional no caso da Banca e para financiar a burbulla inmobiliaria nos dous casos.
Este feito, fixo que a priori viranse pouco afectadas polas famosas subprime ou produtos tóxicos semellantes. Malia que a falta de liquidez orixinada pola crise internacional e os vencementos de débeda supoñen unha grave ameaza paliada polas subastas de activos postas en marcha polo goberno central.
Pero a verdadeira ameaza, nomeadamente para as Caixas de Aforros é a excesiva exposición ao sector inmobiliario (dun 70%), actualmente a sucesiva creba de empresas construtoras esta minorando a marchas forzadas as provisións anticíclicas.
A setembro de 2008, xa había Caixas de Aforros cunha taxa de cobertura por baixo do 50% (en Caixanova baixou ata o 77% en decembro de 2008), pronosticando algúns expertos que as provisión poden esgotarse antes do fin do primeiro semestre de 2009.
Esta situación asociada a un incremento do paro e polo tanto da morosidade supón un grave obstáculo para as Caixas de Aforros.
No caderno de xaneiro da FUNCAS (Fundación das Caixas de Aforros), estas recoñecen que os problemas no sector da construción teñen un tempo de maduración maior e tardan máis en aflorar que as perdas de capital asociadas a instrumentos financeiros, polo que a crise financeira chegará ao Estado de xeito mais espazado.
O sector está atravesando polos momentos mais difíciles da súa historia, Caixanova, como o resto das Entidades debe encarar un dificilísimo exercicio 2009. Con este fin todas as partes debemos facer un esforzo creando un marco de diálogo entre a Dirección e a representación do persoal. Para isto, si que debemos implicar ao Director Xeral.
Sem comentários:
Enviar um comentário