05/03/09

Enquisa de saúde laboral na central en Vigo


Ante as obras de reforma da central en Vigo, temos remitido unha enquisa de saúde laboral a todo o persoal co fin de coñecer aquelas persoas que podan verse afectadas polas obras (alérxicas, mulleres embarazadas, etc).

Estamos gratamente sorprendidos polo nivel de respostas, en dous días recibimos a enquisa cuberta por 164 compañeiros e compañeiras.

Aquelas persoas que non a recibiran e que teñan interese en cubrila poden poñerse en contacto co noso delegado de prevención Ricardo, destinado na oficina de Redondela.

Sem comentários: