Esta Sección sindical ten coñecemento, eso si, como case sempre por fora do conducto que debería ser habitual, da implantación do curso Básico de Prevención de Riscos Laborais ON-LINE que vai impartir a Escola Superior de Caixas de Aforros (E.S.C.A.), pertencente á C.E.C.A.
Sábese que de momento vai dirixido a 195 empregados. Os Delegados de Prevención de tódalas formacións sindicais que forman o Comité de Seguridade e Saúde descoñecemos ao día de hoxe o contido da materia a impartir e a duración do curso en número de horas.
Por non ter dita información non podemos entrar a valorar a adecuación da materia impartida nestes cursos, aínda que dentro deles vaise a impartir materia, por primeira vez, referida ó Atraco como Risco Laboral.
Pensamos que tampouco se ten en conta por parte da Dirección, neste tipo de formación ON-LINE, si tódolos compañeiros dispoñemos dos medios necesarios para poder realizalos nas nosas casas (ordenador, internet,...).
Dende a CIG vos queremos informar, xa que a Dirección da Empresa non o comunica na convocatoria ós cursos (entendemos que se esqueceron), e así ven reflectido no Artigo 19.2 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais referido a Formación dos Traballadores:
“Esta formación deberase impartir, sempre que sexa posible, dentro da xeira ou, no seu defecto noutras horas pero co desconto naquela do tempo invertido. A formación poderaa impartir a empresa mediante medios propios ou concertándoa con servicios alleos, e o seu custo non recaerá de ningún xeito sobre os traballadores.
O traballador ten dereito a recibir formación teórica e práctica en materia preventiva, que deberá actualizarse sempre que sexa necesario. O tempo adicado a esta formación debe ter a consideración de TEMPO DE TRABALLO. Polo tanto, a Empresa, ten a obriga por Lei de dar esas horas invertidas no curso en días de vacacións ou descanso.
Desexamos que a Dirección teña a ben facervos sabedores deste dereito que temos e cumpra coas Leis como cumprimos os traballadores cas nosas obrigas.
Quedamos, como sempre, a vosa enteira disposición para solventar calquera dúbida en materia laboral e sindical, e que saibades que este tema vai ser tratado pola CIG no próximo Comité de Seguridade e Saúde a celebrar o día 22 de Outubro.
Sem comentários:
Enviar um comentário