A Voz de Galicia publica hoxe que Caixanova recorreu á consultora AFI (Analistas Financeiros Internacionais), presidida polo madrileño Emilio Ontiveros, para asesorar a entidade sobre a estratexia de futuro.
Emilio Ontiveros Baeza era membro do Consello de Administración da intervida CCM, e a súa empresa foi contratada para asesorar á CCM no fallido intento de fusión con Unicaja co fin de evitar a intervención do Banco de España.
Pero a traxectoria deste asesor non remata aí, Emilio Ontiveros Baeza manten unhas fluidas relacións con Jose Luis Méndez de Caixa Galicia, tanto que este otorgoulle un posto no Consello de Administración de CXG Corporación Caixa Galicia (Consello constituido a marxe da Lei de Caixas).
Dí a Voz de Galicia Emilio Ontiveros é contrario á fusión das Caixas Galegas, será por que coñece ben a situación de Caixa Galicia ou responde a unha estratéxia dos Méndez para manterse na cadeira, xa que a súa continuidade tampouco estaría garantída nunha fusión galega.
Sen dúbida Caixanova paga por un asesoramento digno do Principe de Maquiavelo.
4 comentários:
Non vos ten un parecido co Alvaro Pérez Alonso, si home o de Valencia mais coñecido como "O BIGOTES". Só falta contratar ó Luis Bárcenas que está buscando "chollos" e creo que fai prezo.E como asesor de imaxen a Francisco Camps por aquelo dos traxes.
Ollo clínico o de Caixanova, pero pior o de Caixa Galicia que o ten no Consello. Vaia país de pandeireta preside o Feijoo, dimitirá algúen? ou seguiran ata os 90 e mais ala do espazo exterior.
A dirección contrataca, Faro de Vigo dí que o informe é de Deloitte.
Todo o mundo sabe que o informe é de AFI e que tamén colabora Deloitte, como noutras Caixas.
Gayoso, que debería estar xubilado, sigue metendo a pata.
Conta conmigo Gayoso!!
Enviar um comentário